domingo, 16 de xullo de 2017

FELIZ VERÁN!!!

Imaxe obtida en Pixabay.com.
Chegados a estas alturas, todos debemos tomar unhas vacacións. Precisámolas!!!Para abordalas con gañas e sen atisbo de aburrimento, os nenos e nenas de 2º fixeron unhas recomendacioóns lectoras cos libros que lles gustaron máis dos que leron durante o curso. A ver se vos gustan!!!
E antes de marchar, uns consellos publicados por Loqueleo Santillana que están moi chulos e no fondo, son os que facemos a maioría dos profes sen darlles demasiada publicidade.
Como últimísima recomendación, póñovos un chiste de Andrés Faro que me encanta.
Eu xa estou viaxando polo país das marabillas, e vós?
FELIZ VERÁN A TODOS/AS. VÉMONOS EN SETEMBRO!!!

sábado, 15 de xullo de 2017

COUSAS DO VERÁN.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Antes de despedirnos ata o curso que ven, gustaríame seguir a tradición e deixarvos o enlace á páxina da Junta de Castilla y León cos seus  estupendos xogos para esta época estival.
Tamén aproveito para colgarvos uns consellos moi interesantes para a prevención de incendios.Ben e Holly  explícannos moi clariño o que debemos facer se imos de acampada.
Preme na imaxe para máis información.
Os consellos en movemento.
Obtido no canal de Youtube  El pequeño reino de Ben y Holly
Engadimos uns conselliños  para ir tranquilos á praia.
AGORA , A GOZARRR!!!!

venres, 14 de xullo de 2017

O ÚLTIMO DÍA.

Imaxe obtida en Pixabay.com.
Quedáranos no tinteiro o último día do curso; un que parece que pasou xa fai unha eternidade! Pois aquel nubrado día de xuño despedímonos do cole da mellor maneira que sabemos.... cunha festa!!!
Mirade que ben o pasamos!!!
Como a ocasión o requería, brindamos por un curso fantástico que remataba e por unhas marabillosas vacacións!!!
Houbo agasallos para todos/as, aínda que non aparezan nas fotos.
GRAZAS A TODOS/AS OS QUE FIXESTES DESTE CURSO UN RECORDO INOLVIDABLE!!!
Montaxes realizadas con Fotor.

xoves, 13 de xullo de 2017

MATES DIVERTIDAS (III).

Imaxe obtida en Pixabay.com.
Seguimos contándovos os nosos obradoiros matemáticos feitos coa profe Vane. O segundo día seguimos coas regletas e coas sumas. Dánsenos moi ben! Mirade!!!
Na seguinte visita, as profes montamos unha tenda moi especial para mercar unha merenda saudable. Había froita, zume , chocolate e algún capricho menos san, pero facendo a lista  da compra todos mercaron unha merenda equilibrada. O mellor de todo, poder probar!!!
O último dos obradoiros tivo como temática  a división. Nós máis ben traballamos o concepto de repartir. Fixémolo con cereais, pedras e diamantes(como lle chamaban eles). Resultou moi interesante.
Montaxes realizadas con BeFunky.
MOITAS GRAZAS, PROFE VANE, FOI MOI DIVERTIDO!!!

mércores, 12 de xullo de 2017

ÚLTIMAS HISTORIAS.

Imaxe atopada en Pixabay.com.
Vouvos contar algunhas das últimas cousiñas que fomos facendo este curso:
- Aínda que non volo ensinamos durante o ano , seguimos tendo "Hora de Ler", a cal aproveitamos para traer libros nosos e ler tamén os que pediu a profe sobre emocións.
- Deixamos os puntos sen saber que pasaba cando se conseguían  na súa totalidade. Pois ben, o que chegaba comezaba a formar parte do Clube dos Trastes de 2º, con acceso ilimitado ao rincón da biblio de aula e a todo o material que esta contiña. E ademáis, recibían un carné que os cerificaba como membros.
Como esquecín quitarlles a foto, ensínovos como era o deseño.
-Tamén fixemos un experimento sobre as mesturas. Disólvese a area na auga? E o azucre? Que pasa cando pasamos esa auga por un filtro? Velaquí os resultados.
Montaxes realizadas con PiZap.

martes, 11 de xullo de 2017

MATES DIVERTIDAS (II).

Imaxe atopada en Pixabay.com
Pois seguimos a voltas coas Mates para contarvos que nos quedou a nosa "máquina multiplicadora" sen ensinar. É un taboleiro con dobre entrada que nos permite multiplicar moi facilmente.Eles xogaban a preguntarse a táboa por parellas e despois comprobaban se o resultado era correcto.
A idea saqueina do canal de Youtube de Taise Agostini e a realización, como case sempre, "Made in na casa". Moitas grazas aos dous colaboradores especiais que me axudaron a facela. A que quedou chula?
Tamén no blogue de Ángela Marchán atopei material para traballar os euros.
Durante parte do curso tivemos a sorte de realizar uns obradoiros matemáticos que nos impartiu a profe Vane. O primeiro deles, versou sobre as regletas Cuisenaire a e a súa funcionalidade para a suma.
Montaxes realizadas con PiZap.

luns, 10 de xullo de 2017

LEO, O SOL E ALGO MÁIS.

Imaxe obtida en Pixabay.com.
Para rematar esta serie de exposicións sobre o Espazo quédanos falar do astro rei, o Sol.Este tocoulle a Leo, que fixo un gran traballo  e aprendeuno moi ben. Mirade!!!
Terminados todos os traballos e contados aos compañeiros, colocámolos ao final da aula.
Gustaríame contarvos, para terminar, que cando fixen a exposición da Lúa tamén a probamos para ver cal era o seu sabor. Xa sabedes por onde vou, non? Vin na rede a idea de facer as fases lunares con galletas Oreo, e o certo é , que da moi bo resultado! Ollade como nos prestou.
                         Montaxes realizadas con Pizap.                    

domingo, 9 de xullo de 2017

MATES DIVERTIDAS.

Imaxe obtida en Pixabay.com
 As Mates son unha asignatura que pode resultar apaixonante ou un tostón. Deixando a un lado as aptitudes de cada un para levalas a cabo e entendelas, nós decidimos darlle un toque divertido (sempre que puidésemos).
Xa no curso pasado crearamos uns signos para facer comparacións, que este ano reutilizamos.A nova invención deste curso foi o "Centenero". Fíxeno con  10 anacos de rolos de cartón sobre unha bandexa. Despois debían enchelos con dez fabas e conseguían... unha centena!!!
Eles foron os que bautizaron o aparello. Mirade!!!
Rincón matemático.
Quixemos traballar a multiplicación de moi diversas maneiras para saber de  onde saía. Neste caso axudoume moito o blogue de Ángela Marchán, Rincón de una maestra, de onde saquei múltiples ideas. Se clicades aquí, accederedes a todo o relacionado coa multiplicación   e a súa explicación.
-Utilizamos cubiteiras e pompóns.
 -Con bastonciños de algodón, pintamos os resultados con témpera.(Esta ficha é de creación propia).
 -Creamos cartas con todas as táboas  e ademáis da utilidade que lle deu Ángela tamén inventei un xogo. Consiste en repartir tres cartas.O primeiro xogador bota unha(resultado ou operación) e o contario pode resolver a multiplicación se ten a carta (e lévase a parella) ou roubar ata que a consiga.Gaña o que queda antes sin cartas.
Montaxes realizadas con Pizap.
Noutra entrada cóntovos máis.

venres, 7 de xullo de 2017

FRAN,URANO,CANDELA E MERCURIO.

Imaxe obtida en Pixabay.com.
Nesta nova entrega dos Planetas, escoitaremos a Fran  contarnos unha morea de cousas sobre Urano e a Candela falar de Mercurio. Atendede ben!!!
Mentres se sucedían as exposicións, reunimos unha mostra de libros sobre o espazo para poder consultar e gozar.
Montaxe realizada con PiZap.

mércores, 5 de xullo de 2017

RECANTOS (II)

Montaxe realizada con PiZap.
Seguimos contándovos a distribución da aula neste curso.
-"Recanto Plástico". Nesta zona reliazabamos actividades de plástica pero tamén de xogo libre, matemático, etc. Era un recanto"rotatorio".
-"Recanto do traballo rematado". Cando o traballo chegaba  a súa fin , ninguén tiña por que aburrirse. Podía acudir a este lugar para  ver que facer. Premede aquí , onde xa volo adiantamos.
- "Recanto matemático".Aquí foi onde experimentamos coas centenas e inventamos o noso "Centenero", que funcionaba con fabas. Tamén multiplicamos de diversas formas e fixemos obradoiros matemáticos. Pero iso verémolo, noutra entrada!!!
Montaxes realizadas con PiZap.

luns, 3 de xullo de 2017

AITANA, NEPTUNO,ALBA E MARTE.

Imaxe obtida en Pixabay.com.
Temos outra entrega de Planetas inminente. Esta vez, Aitana levaranos a Neptuno e Alba presentaranos a Marte.

sábado, 1 de xullo de 2017

RECANTOS.

Montaxe realizada con Pizap.
Neste curso que remata, organizamos a nosa aula en diversos recantos e zonas divertidas. Foron os seguintes:
-Zona de "Todos aprendemos" (Onde tiñan cabida os libros e as explicacións).
-"Recanto da Reciclaxe".(Mantivémolo do ano pasado porque estamos comprometidos co Medio Ambiente).Visitade a entrada"Voz natura " para ver o que fixemos durante o curso.
-"O Recanto dos Soños". Á nosa biblioteca de aula démoslle unha voltiña para  que fose un pouco máis acolledora. Realizamos tres exposicións temáticas (unha por trimestre): a do corpo humano , a do espazo e a das emocións. Coma todos os anos, fomos á Biblioteca do centro todas as semanas para levar a cabo  o Préstamo lector, co cal cubriamos unha ficha do libro lido de maneira voluntaria (mínimo unha ao mes).
Montaxes realizadas con PiZap.
Na próxima entrada os recantos restantes.