Imaxe obtida en Pixabay.com
As Mates son unha asignatura que pode resultar apaixonante ou un tostón. Deixando a un lado as aptitudes de cada un para levalas a cabo e entendelas, nós decidimos darlle un toque divertido (sempre que puidésemos).
Xa no curso pasado crearamos uns signos para facer comparacións, que este ano reutilizamos.A nova invención deste curso foi o "Centenero". Fíxeno con 10 anacos de rolos de cartón sobre unha bandexa. Despois debían enchelos con dez fabas e conseguían... unha centena!!!
Eles foron os que bautizaron o aparello. Mirade!!!
Rincón matemático.
Quixemos traballar a multiplicación de moi diversas maneiras para saber de onde saía. Neste caso axudoume moito o blogue de Ángela Marchán,
Rincón de una maestra, de onde saquei múltiples ideas. Se clicades
aquí, accederedes a todo o relacionado coa multiplicación e a súa explicación.
-Utilizamos cubiteiras e pompóns.
-Con bastonciños de algodón, pintamos os resultados con témpera.(Esta ficha é de creación propia).
-Creamos cartas con todas as táboas e ademáis da utilidade que lle deu Ángela tamén inventei un xogo. Consiste en repartir tres cartas.O primeiro xogador bota unha(resultado ou operación) e o contario pode resolver a multiplicación se ten a carta (e lévase a parella) ou roubar ata que a consiga.Gaña o que queda antes sin cartas.
Montaxes realizadas con Pizap.
Noutra entrada cóntovos máis.