Ante esta frase sobran as palabras.
mércores, 30 de xaneiro de 2013
martes, 29 de xaneiro de 2013
SEGUIMOS COA PAZ.
Agora os xogos veñen desde UNICEF.Como? Que non sabedes o que é a UNICEF?
Tranquilos,vos ide xogando que xa faremos unha investigación sobre o tema.
luns, 28 de xaneiro de 2013
DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA.
Como xa sabedes este mércores,30 de Xaneiro, celebraremos o Dia Escolar da Paz.Estades traballando a reo con todos os profes sobre este tema(comigo algo tamén) pero eu quero deixarvos algún xoguiño para que pasedes un bo rato e tamén para que reflexionedes algo sobre o tema.
Pensade que a paz depende ,en gran medida, do ben que nos sintamos con nós mesmos; que se entendemos ao outro e nos poñemos no seu lugar,probablemente non sexamos capaces de facerlle mal e que o respecto a tolerancia están na base dunha convivencia pacífica.
Por último sinalar que debemos "practicar a paz" todos os días do ano.
Por último sinalar que debemos "practicar a paz" todos os días do ano.
Premede para xogar.
venres, 25 de xaneiro de 2013
DISTINGUUNTUR VISITANS (INSIGNE VISITA).
Hoxe tivemos a sorte de contar coa presenza dun veciño ilustre de Forcarei, Francisco Rozados"Rochi", que veu a presentarnos a súa nova revista "Metacios". Digna herdeira da súa predecesora,"Cotaredo",esta nova publicación segue contando coa coordinación de Rochi e a colaboración del mesmo e de persoeiros de renome dentro do mundo político e cultural.
Cabe destacar a ilusión e gañas deste grupo participante por deixar constancia dos feitos culturais e históricos dun pobo que ten moito que agradecerlles, sobre todo ao facelo de maneira altruísta.
Así , desde a clase de 3º, queremos agradecerche, Rochi, a túa visita e o teu traballo desinteresado a prol do coñecemento e a cultura de onde naciches.
Actividade impulsada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
martes, 22 de xaneiro de 2013
OS ANIMAIS(III).
Etiquetas:
Clase 3º,
CM,
Curso 2012-2013,
Recurso CM,
xogos
OS ANIMAIS(II).
Empezaremos cunha clasificación sinxeliña, vale?
Veña, a que estades esperando. Demostrádeme o que sabedes!!!
Preme na imaxe.
OS ANIMAIS.
Hoxe apareceu o día explendidamente nevado e as clases suspendéronse.Espero que esteades xogando coa neve e facendo bonecos preciosos. Cando volvades á casa , no quentiño do fogar, se cadra apetécevos xogar un pouquiño; non eh?
Primeiro un pequeno e claro resumo da clasificación de animais que atopei no blogue :
http/aventurasdeprimaria.blogspot.com/
http/aventurasdeprimaria.blogspot.com/
domingo, 20 de xaneiro de 2013
O APARATO LOCOMOTOR.
Seguimos recordando o feito no trimestre pasado.Aquí un exemplo sobre o aparato locomotor.
Aproveitade para repasar!!!
luns, 14 de xaneiro de 2013
OS SENTIDOS.
Recordades que no 1º Trimestre traballamos os sentidos? Aquí vos deixo un recordatorio dalgunha das cousiñas que fixemos.
domingo, 6 de xaneiro de 2013
FELIZ DÍA DE REIS.
Fai unhas semanas coñecín, pola profe Vane, a última curta de Pixar. Titúlase " A lúa" e merece a pena velo.
Disfrutádeo, en familia, nesta marabillosa tarde de Reis!!!
O APALPADOR(III).
Como pequeno agasallo de Reis inclúovos dúas cantigas sobre o noso amigo do Courel. A bailar!!!
sábado, 5 de xaneiro de 2013
O APALPADOR(II).
xoves, 3 de xaneiro de 2013
A FADA PERELLA.
Como é de ben nacidos ser agradecidos, queremos darlle as grazas á Fada Perella, que nos visitou o último día de clase e nos agasallou cunhas chuches moi doces.
Grazas Fada e....moitas veces!!!
mércores, 2 de xaneiro de 2013
O APALPADOR.
Quero empezar o ano cumprindo unha promesa feita no ano anterior.Como vos gustou moito a historia que vimos do Apalpador de Xoán G., deixovola aquí para que a disfrutedes.En breve,algún xogo relacionado.
martes, 1 de xaneiro de 2013
GLORIA FUERTES(III).
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)