xoves, 31 de marzo de 2016

NOVO PREMIO.

A principios do mes de marzo, a nosa amiga Mirian Cartagena do estupendo blogue Puertas a la Imaginación, deixávanos un agasallo moi agradable:o premio VERY INSPIRING BLOGGER AWARD.
Moitas grazas, Mirian, por este recoñecemento que nos fai moita ilusión.
Encantada de recibir este premio!!!

Para recibir este recoñecemento hai que seguir as seguintes regras:
1.Dar as grazas e vincular á persoa que te nominou.
2.Enumerar as normas e mostrar o premio.
3.Mostrar con orgullo o logotipo do premio no blogue.
4.Seguir o blogue que te nominou.
5.Contar sete cousas sobre ti.
6.Nominar a 15 blogues que te inspiren e te sorprendan.
7.Informar aos blogues nominados.

Agora tócame contar sete cousas sobre min:
-Encántame ser mestra.
-Adoro ler cando atopo o libro axeitado.
-Son unha apaixonada do cine.
-Gozo moito co teatro.
-Gústame aprender cousas novas cada día.
-Prefiro as letras ás ciencias.
-Creo que todos temos cualidades positivas.

Os meus nominados son:


PARABÉNS A TODOS E A TODAS!!!

martes, 29 de marzo de 2016

PARTICIPAMOS!!!

Accede ao blogue.

Aceptaron a nosa candidatura na décima  edición dos premios Espiral Edublogs que se celebra este 2016!!!Estamos moi contentos/as  de participar nesta nova convocatoria destes importantes premios.
Deixamos o logo na columna dereita por se queredes visitar o lugar e deixar un comentario de apoio.
Xa sabedes que os vosos comentarios son o alimento do blogue, así que polo menos, que non morra de fame!!!!
Clica sobre a imaxe para acceder ao noso blogue.

GRACIÑAS DE ANTEMÁN!!!

luns, 28 de marzo de 2016

HISTORIAS DUN TRIMESTRE.

Como ven sendo habitual, antes de comezar a recta final do curso,un pequeno recordo de cousiñas que quedaron no tinteiro do trimestre pasado.

domingo, 27 de marzo de 2016

OUTRA MANUALIDADE.

Imaxe obtida en Pixabay.com

Xa sei que esta que vos presento é unha manualidade de inverno pero aínda non tivera tempo de facelo. Ademais levounos bastante realizala porque como todos estivemos enfermos, case na damos rematado.
A idea saqueina do blogue All students can shine, que traballaba un proxecto artístico sobre os pingüíns. Realizamos esta composición en dúas partes:

1. Traballamos o fondo.
Sobre un folio fomos pegando cadriños de papel de seda en azul claro e azul marino. Cortaban o papel como querían e tamén o pegaban de maneira libre.
Outro día pasámoslle Alkil cun pincel para que quedase máis brillante.

2.A profe fixo un modelo para orientar un pouco e despois cada neno foi debuxando , por partes, o seu pingüín en cartolina negra, branca e laranxa. 
Por último, fomos pegando e colocámoslle uns ollos móbiles.
Montaxes realizadas con PiZap.
Este foi o resultado final.



E non esquezades que hoxe é o Día Mundial do Teatro. Gozádeo onde vos atopedes!!!
Imaxe atopada  en Azúcar y Sal.

sábado, 26 de marzo de 2016

A VOLTA AO MUNDO (VI) (UMM, QUE RICO).

Xa situados no  Reino Unido e coa información clasificada, propuxémonos reflectilo todo (ou parte)nunha cartolina A4 (que é o que se nos pediu para a biblioteca).
Entre todos fixemos isto:
-O nome das cinco comidas en galego.
-O nome da cinco comidas en inglés.
-As horas nas que se realizan.
-Que alimentos se toman en cada unha delas.

O resultado foi o seguinte:

E despois unhas  actividades impresas con respecto a este traballo para plasmar o aprendido.
Montaxes realizadas con PiZap.

xoves, 24 de marzo de 2016

CONTO SOBRE A IGUALDADE.

Portada do libro en Kalandraka.

Fai dúas semanas, aproveitando a celebración do Día da Muller,tivemos na clase de 1º unha charla sobre a data, a igualdade e o traballo que cada un desempeñamos.
Despois conteilles a estupenda fábula de Adela Turín, "Una feliz catástrofe".
Tras falar do conto e do que nel acontecía, pedinlles que fixesen unha ilustración sobre o mesmo. Entón Diego preguntou se o ía colgar no blogue e contesteille que sí e que tamén poñería os seus debuxos. Foi cando entre todos decidiron que sería mellor que cada un debuxase unha parte para que quedase máis bonito. Así que ,dito e feito, dividimos a historia e cada neno/a escolleu unha parte.
Este foi o resultado.

Canal de Youtube Anabel García.
Aquí tendes o conto en vídeo. Facede o favor de non comparar, que a profe fai o que entende.
Canal de Youtube orientacionandujar.

luns, 21 de marzo de 2016

POESÍA DA AUGA.

O 21 de marzo celebramos o Día Mundial da Poesía e o 22, o Día Mundial da Auga. Así que este ano toca entrada conxunta. Resulta que ambas datas resaltan elementos imprescindibles para os seres humanos, en diferentes dimensións, pero necesarias na vida.
Imaxe obtida en  cultura.elpais.com
A poesía, alimento da alma e transmisora de sentimentos, envólvenos diariamente nos milagres cotiás que temos a sorte de gozar: un amencer, un arco da vella no ceo,unha nova vida...
Pois como non só necesitamos sustento para o corpo , aquí vos deixo un par de exemplos de poesías que espero que vos gusten.
Imaxes obtidas de Docentes para el fomento de la Lectura.

Imaxe de Pamela Gómez.
Auga que purifica,que refresca, que borra pegadas,que da vida ou a quita,en definitiva,que precisamos para vivir. Por todo isto debemos ser moi responsables no seu consumo e non malgastala. Somos moitos neste Planeta e todos os seres vivos a necesitamos por igual.
A continuación, Fluvi ensinaranos como coidar a auga.
Canal de Youtube Mis amiguitos Elisabet.
E para rematar, xustificaremos o título da entrada cunha  preciosa poesía de Carmen Gil. Se premedes na imaxe accederedes ao seu blogue.
Non esquecemos que hoxe tamén se celebra o Día Mundial da Síndrome de Down.
1 CORAZÓN+SENTIMENTOS= 1 PERSOA.
POLA INCLUSIÓN E A IGUALDADE.

domingo, 20 de marzo de 2016

O SANGUE ALTERA!!!

Xa chegou a ansiada primavera e para celebralo deixovos uns cantos recursos que quizais vos sexan de utilidade.
Botádelle un ollo a compilación de Menudos peques, merece a pena!!!
E para ir abrindo boca un fantástico rock titulado "La primavera ya llegó" de Abel Camacho.
Canal de Youtube Musicaeduca.

BENVIDA,PRIMAVERA!!!

sábado, 19 de marzo de 2016

QUERIDO PAPÁ.

Imaxe obtida na rede.
Hoxe, nun día tan especial, no que felicitamos aos papás e avós do mundo, quero deixarvos esta historia  de Andrée Poulin e que ilustra  Jean Morin.
"¡Mi papá no apesta! conta como falando das profesións, na aula, todos os nenos/as comentan a que se dedican os seus papás. Margarita , orgullosa, di que o seu papá é basureiro e comezan as burlas.Cambiará o amor que Margarita sente polo seu pai?Averiguádeo vendo o vídeo!!!

Canal de Youtube de Alberto Reyes Toral.
Especialmente dedicado ao meu papá, ao que quero profundamente e, ademáis, recende moi ben.

venres, 18 de marzo de 2016

HORA DE LER (VI).

Imaxe obtida na rede.

Os medios de transporte chegan ao noso rincón de lectura da man de Fran, con esta historia de Koko, Brewster e Wilson. Estes habitantes de Chuggington son uns trens moi simpáticos que corren imnumerables aventuras.
Montaxe realizada con PiZap.

Como non puiden insertar o capítulo correspondente desde Youtube clicade sobre a imaxe e poderedes velo alí.

mércores, 16 de marzo de 2016

A VOLTA AO MUNDO...(V) (SITUÁNDONOS)

Creamos un espazo para o noso proxecto co que  imos sabendo. Ás veces, parecemos un pouco "rústicos" en comparación coa innovación que vemos polo mundo adiante, pero eu, son unha namorada das mezclas; por iso nos saen cousas así!!!
 -Pintamos, recortamos e plastificamos as letras do título.
 -Colocamos as ideas previas e o que queremos saber.
-Tamén puxemos uns mapas.
Como coñecimos a bandeira e algúns monumentos típicos do país plasmámolo todo nun par de fichas.
Montaxe realizada con PiZap.

luns, 14 de marzo de 2016

SEMANA DA PRENSA.

Imaxe atopada na rede.

A semana do 7 ao 13 de marzo celebramos no cole a "Semana da prensa". Con ese motivo levamos o xornal á aula e estivemos "achegándonos" a el. Despois comezamos co básico, diferenzar os titulares do corpo da noticia. Para que fose máis fácil, utilizamos dúas noticias de xornais diferentes das cales escollemos unha para facerlle un debuxo e inventarlle un titular e  coa outra separmos as partes.
Aquí vos deixo o resultado da experiencia.
Montaxe creada con BeFunky.

sábado, 12 de marzo de 2016

PUNTUANDO:CANDELA E AS LETRAS.

Montaxe realizada con PiZap.
Pois, xa temos quen  estree o noso espazo de Puntuando, por haber alcanzado  a cantidade de 20 puntos.  Trátase de Candela que o conseguiu grazas ao seu traballo, esforzo, comportamento..... Agora seguirá gañando puntos cos que poderá agasallar aos seus compañeiros/as e axudarlles a chegar ao seu obxectivo.
A entrada que ela pediu foi unha que tivese que ver coas letras. Aquí vai!!Agardo que che guste!!!!

Comezaremos cunha canción para aprender o abecedario en castelán (recordade que en galego temos menos letras).
Canal de Youtube El Reino Animado.
En Discovery Kids atopei un xogo para practicar coas letras.
En Mundo Primaria aparecen dúas actividades relacionadas coas letras: a primeira, clasificar según a letra pola que empeza o debuxo e a segunda, clasificación según a letra que conteña.

E para rematar, un xogo de ordenar palabras que atopei en www.juegosarcoiris.com

xoves, 10 de marzo de 2016

UNHA DE PLANTAS E ANIMALIÑOS.

Hoxe toca repasar sobre as plantas e os animais. A ver se estivestes atentos/as as explicacións.

-En Mundo Primaria atopamos un resumo interesante.
-Aquí veredes un montón de xogos divertidos dentro do Proxecto Alquimia.
-Para falar dos animais podemos pasarnos polo Coñecemento do Medio de ANAYA.
-E no proxecto Alquimia tamén tratan aos animais.

martes, 8 de marzo de 2016

DÍA DAS PERSOAS.

Imaxe atopada na rede.

O 8 de marzo é coñecido como o Día Internacional da Muller e conmemora a loita das mulleres por participar, de maneira igual aos homes ,na sociedade e no seu propio desenvolvemento.
Que a estas alturas teñamos que seguir celebrando esta data a min non me parece moi axeitado porque se todos somos persoas, todos somos iguais, non? Ademais se os nosos nenos e nenas cando nacen non traen estereotipos nin prexuízos....entón que está fallando?
Son preguntas que deixo no aire para que todos/as reflexionemos sobre o tema e actuemos en consecuencia nos nosos ámbitos. Con iso debería ser suficiente.
Para que vexades que é posible, deixovos unha canción emitida pola Junta de Andalucía sobre o que estamos a falar.
Canal Youtube de Andaluna y Samir.

E unha historia diferente a ter en conta de Babette Cole. 
A ver que vos parece!!!
Canal de Youtube Igualdadydiversidad.

domingo, 6 de marzo de 2016

A VOLTA AO MUNDO...(IV) (DE ONDE SAIMOS?)

Quedaramos en que xa tiñamos información sobre o noso tema. Aí foi cando nos organizamos en parellas e cada unha tiña que buscar sobre un tema. Utilizamos as horas de comer que temos nós para ver se eles tiñan os mesmos momentos de comida. Fixemos cinco grupos de investigación:
oAlmorzo
oParva (Refrixerio)
oXantar
oMerenda (Hora do té)
oCea
Foron poñendo en común os datos que atoparan, cada un sobre o seu apartado. A algúns soáballes porque tamén o leran na súa información.
Antes de plasmar  a compilación feita decidimos facer unha actividade para situar o Reino Unido no mapa.
Primeiro, buscámolo nun mapa con nomes na pizarra dixital.
Despois sinalámolo nun mapa mudo na pizarra dixital.
E, por último,buscámolo nunha bola do mundo iluminada.
Fixemos o mesmo para situar Londres.
Plasmamos o aprendido nunhas  actividades impresas:
Montaxe realizada con PiZap.

venres, 4 de marzo de 2016

HORA DE LER (V).

Imaxe obtida na rede.
Leo quixo deleitarnos na "Hora de ler" cunha historia sobre animais curiosos que  querían averiguar a que sabía a lúa. Fixeron varios intentos pero... conseguiríano? Para sabelo deberedes ler este marabilloso conto de Michael Grejniec, editado por Kalandraka.
Montaxe realizada con PiZap.
Só despois de ler o libro vos dou permiso para que vexades e escoites a historia na voz duns neno/as moi simpáticos/as.
Vídeo obtido en Youtube (El rincón de María)

mércores, 2 de marzo de 2016

PUNTOS. PUNTOS?

Táboa de puntos.

Si, señoras e señores, escoitaron ben. Estamos a falar de puntos. Nesta ocasión non pedimos nada a través do blogue  porque conseguirémolos  na aula. Aclárovolo:
A comezos de febreiro propuxen o seguinte reto: conseguir 20 puntos. Cando os nenos/as preguntaron como facelo expliqueilles que sería a través do traballo realizado en clase. Cada día que remataran todas as tarefas propostas, conseguirían 1 punto. Pero ademáis habería outras maneiras de conseguilos: por participar en retos extra, por facer ben a letra,por bo comportamento,por axudarlle a un compañeiro.....Todos estes serían por sorpresa!!!
Claro, conseguir 20 puntos está moi ben e.... non hai recompensa? Pois si!!! Cando se chegue o obxectivo final ese neno ou nena poderá escoller sobre que quere que trate unha entrada do blogue dedicada a el/ela.
Neste reto non hai gañadores, xa que  confío plenamente en que todos/as alcanzarán o final da proba. Ademáis non podo publicar todas as entradas á vez, non si?

Estou desexando comezar a realizar as vosas entradas!!!