E chegou o día esperado!!!A profe non é moito de historias(aínda así fai o que pode) pero aos nenos/as de 2º si lles gusta entroidar. Despois de facer a entrega solemne do agasallo de Rosalía (contado nunha entrada anterior),xa era tempo de pasar á troula.
Primeiro, ímovos ensinar que guapos viñamos.
Montaxe realizada con BeFunky.
Gozamos dunha estupenda actuación de Pesdelán, que nos viñeron a presentar o seu último traballo "Entroidanzas".Este é unha compilación de danzas de carnaval de todo o mundo para todo o mundo. Deixovos a presentación.
Obtido no canal de Youtube de Merlo Branco.
Pasámolo xenial na festa e como remate, no comedor servíronnos orellas e chocolate. Pódese pedir máis?
Velaquí o tan temido pote no que podes acabar se non cumpres o que o Meco manda. Pero a nós non nos pillou de sorpresa e non tivemos que ir de cabeza a el. Mirade que ben fixemos o que nos mandou.
-O terceiro día tocaba algo na cabeza, unha bata de casa e unhas pantufas.
- E para rematar pediunos o dos tres días anteriores e ademais un peluche.
Montaxes realizadas con PiZap.
No principio da semana cumprimos coa tradición e fixemos ricas filloas cos nenos e nenas de 3 anos e a profe Vane. Puxémonos como quicos!!!! Se non o credes; mirade, mirade!!!
Preme nela para acceder a entradas anteriores sobre este tema.
ROSA
Ai, Rosa da roseira,
se volveses a mirar
erguerías alto o pranto
voltarías a chorar.
A xustiza non se cumpre
se non chega pola man,
e os fillos de Galicia
polo mundo adiante van.
Visionaria do teu tempo,
defensora do inmortal,
esta Lingua que amamos tanto
ferida de morte vai.
A Negra Sombra que se cerne,
co seu manto sobre nós está
enchendo de néboa espesa
todo aquilo ao que amar.
Pero teño esperanzas limpas,
que no futuro han chegar;
co traballo de todos xuntos
un tempo mellor virá.
Anabel García
Hoxe, 24 de febreiro, que celebramos o Entroido no cole, facémolo nunha data importante para as nosas Letras e a nosa Culura. Tal día coma hoxe nacía Rosalía de Castro en Santiago de Compostela e comezaba a vida dunha loitadora que nos serve de exemplo en moitos ámbitos vitais. Para celebrar o seu día, na clase de 2º (e os nenos/as de 3 anos tamén) traballamos o poema da autora "Parece unha rosa".Cada un escribiu unha estrofa en depresores de cores e despois preparamos unhas bolsiñas coa estrofa e incluimos a poesía enteira. Así nos quedou.
Aquí vos deixo unha canción con pictogramas elaborada polo CEIP. Plurilingüe "Anxo da Garda"( A Coruña 2015). Música: poema "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro interpretado por Amancio Prada e a Filharmonía de Galicia.
E tamén unha escolma de Rosalía para conmemorar o seu día feita polos veciños e veciñas da Estrada. A ver que vos parece!!!
Xa vedes como chegou este ano o Meco ao cole; moi colorido e cheo de ideas. O mellor de todo é que , pese as súas esixencias, nós somos ben guiadiños e conseguimos esquivar o pote nos dous primeiros días. Que pasará nos seguintes?
Como iso é o futuro incerto, deixovos coas imaxes do que foron os dous primeiros días.
-Levamos algo na cabeza.
-Levamos algo na cabeza e unha bata de casa.
Montaxes realizadas con Pizap.
Seguiremos informando puntualmente do que aconteza neste tempo tolo.
Hoxe, 21 de febreiro, celebramos o Día Internacional da Lingua Materna (primeiro idioma que aprende unha persoa). A data foi proclamada pola UNESCO , no ano 2000, para promover a diversidade lingüística e cultural e o plurilingüísmo. Dende que o ser humano desenvolveu a linguaxe, considérase que desapareceron unhas 30.000 linguas. Resulta moi triste pensar na gran riqueza que se desvanece nesta perda de idiomas ocorrida ao longo dos séculos, pero non debemos quedarnos nos datos. Temos a gradísima sorte de ter un idioma propio que nos pertence porque sí e que segue vivo grazas ao inmenso esforzo de moitos/as que loitaron para que hoxe chegase a nós. Imos deixar que se esfume?
QUERE A TÚA LINGUA; FAINA VISIBLE NA TÚA VOZ.
FALA GALEGO!!!!
Deixovos unhas actividades , que atopei en Tiching, para traballar este día (que son todos).
Nun artigo de La Opinión (A Coruña) do ano pasado, vin esta preciosa imaxe que nos ensina todas as maneiras diferentes que temos no noso idioma de chamarlle ás precipitacións. Pódese pedir máis riqueza?
O venres pasado tivemos unha interesante charla sobre as abellas e o mel. Beatriz, como representante do Consello Regulador IXP (Indicación Xeográfica Protexida) Mel de Galicia, veu a contarnos unha morea de cousas sobre as creadoras do mel e as bondades do seu produto.
Montaxe realizada con Pizap (co pouco que queda que non convertiron en pro).
Para finalizar a charla , Beatriz, agasallounos cun globo e un bote de mel para probar. Ummm, que rico!!!
Recordades a fantástica visita coa que nos agasallou Ismael Baloira? Pois ademáis do partido que lle sacamos ese día, con toda a información que nos deu, tamén a aproveitamos para facer unhas estupendas descricións do noso amigo. A ver se o recoñecedes!!!
Deixovos o enlace á editorial Edelvives, onde el traballa , para que lle botedes un ollo ao interesante material que nos propón. Mirar é gratis e nunca se sabe; de seguro que atopades algo!!!
O 15 de decembro de 2015, instaurouse o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Escolleuse o 11 de febreiro para conmemorar a data e promover a participación feminina en condicións de igualdade no ámbito da Ciencia.
Na páxina de Nacións Unidas tedes máis información.
A iniciativa 11 de febreropretende fomentar a organización de actividades e materiais que conmemoren este día en España.O seu obxectivo é contribuir a que se iguale a participación entre homes e mulleres no ámbito científico. Clicade na imaxe para ver o que pretenden.
En Elige educar atopei 13 audiocontos sobre outras tantas mulleres da Ciencia que me pareceron moi chulos.Están narrados fantasticamente por Estíbaliz Espinosa. Se premedes na imaxe accederedes a toda a información.
FELIZ DÍA, MULLERES E NENAS CIENTÍFICAS!!!
Quedádevos con esta entrada,nenos e nenas , porque seguro que algo argallamos.
O día 25 de xaneiro aterrou na nosa clase, Ismael Baloira, asesor comercial de Edelvives. É moi común que Ismael se pase polo cole a falar cos profes pero.... cos nenos e nenas? Pois sí, así foi. O que comezou como unha broma no curso pasado foi tomando forma e materializouse o outro día.
Pasámolo realmente xenial con el, xa que veu a contarnos o proceso de creación dun libro: desde que un autor ten unha idea ata que chega as nosas mans. Tamén nos falou do seu traballo e agasallounos cuns libriños en branco para escribir nós a historia e uns bolis máxicos que escriben contos.
Nós tamén quixemos ter un detalliño con el e fomos a coincidir no presente.
Aquí vos deixo unhas instantáneas que dan conta do que foi a charla.
O luns 30 celebramos no cole o Día da Paz e a non Violencia. Xuntámonos todos/as no salón de actos e fixemos un abecedario da Paz que levaba por detrás unha pomba con mensaxe. Despois gozamos e emocionámonos coa curta "Cuerdas", a preciosa historia de María e o seu amigo especial. Por último,cantamos a canción "A Muralla", que nos ensinou o profe Toño en galego. Aquí queda constancia do que pasou.
Montaxe realizada con PiZap.
Deixovos un abecedario de lecturas sobre o tema de Loqueleo de Santillana.
Non sei se lembrades que tivemos unha charla sobre o acoso escolar. Pois ben, como suele ocorrer nestes casos, pedín unha crónica aos nenos/as para que me contaran que foi o que aprenderon. Este foi o resultado.
Tamén me gustaría compartir con vós este fantástico vídeo do Langui , "Se buscan valientes", que forma parte do proxecto de comunicación social de Mediaset 12 Meses, para loitar contra o acoso escolar. A ver que vos parece!!!