Imaxe de Andana Editorial
Hoxe escoitei algo de todo e ata vin chistes relacionados co asunto.Pero eu non son de modas, xa o sabedes, polo tanto quero celebrar o Día do Pai (igual que celebrarei o da Nai). A min dame igual se tedes un só pai ou dous, se agasallades hoxe aos vosos avós, se papá vive con vós ou se xa non está presente neste mundo. O que reivindico para hoxe e todos os días é a figura paterna, o amor incondicional e a protección natural que todo ser humano precisa na súa formación (e despois tamén). Na forma en que cada un de nós o sinta ou o viva, xa é outra historia.