mércores, 13 de marzo de 2024

DÍA DA MULLER (2024).

Imaxe de Евгения en Pixabay.con 
O venres pasado festexamos no cole o 8 de marzo. Ademais de facer cousiñas na aula, dende a biblioteca, ofrecéronnos realizar unhas gafas coas que poder mirar o mundo de forma máis igualitaria. Mirade que ben o pasamos!
E á aula chegou por fin, un proxecto colaborativo. Un coma aqueles que faciamos antano, que nos prestaban moito e gozabamos intensamente. Algo compartido e noso, de grupos e familias, de mestras rebuldeiras e de nenos/as ilusionados/as. Así naceu "As que importan", unha sentida homenaxe a todas aquelas mulleres que son referentes do noso alumnado (Infantil B e 1º de primaria).
Baixo a melodía e a voz de Fillas de Cassandra soa a significativa peza "Tataravoa", que tenta poñer en valor o papel e a importancia das avoas. Nós quixemos, con esta pequena montaxe, expresar toda a loita, a luz e ensino que nos proporcionaron as nosas antecesoras,sendo faro de guía neste embravecido mar do desigual. Non houbo nin haberá rendición, nin excusas, só a carraxe e afouteza que nos sinala un camiño que non ten retorno. Sempre cara adiante, mulleres!!!

Montaxes realizadas con Canva.com 
Grazas, familias, por colaborar sempre con nós!!

2 comentarios:

  1. Sempre cara adiante, mulleres!!!
    Biquiños, Anabel.
    Te invito también a pasear por mi blog.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias por pasarte, Marisa.
      En breve te hago una visita.
      Biquiños.

      Eliminar