sábado, 20 de abril de 2024

MEDRAMOS SANS.

Imaxe de Ros Zie en Pixabay.com modificada con Canva
Foi chegar das vacacións e empezamos cun intenso mes de abril que nos levou a unha charla sobre a alimentación saudable. (Menos mal, porque viñamos de comer rosca e torradas ata mais non dar!).
Nuria e Adrián viñeron dende o Centro de saúde para falarnos do que temos que facer para que a nosa  vida sexa sá. Nuria contounos unha morea de cousas e Adrián leunos un libro titulado "Os Bolechas educan a Pepiño Chispa".
Se queredes ler o conto, premede na súa imaxe.
Para rematar a xornada fixéronnos un xogo onde clasificar os alimentos que deben ocupar os nosos pratos. Acabamos enchendo unha papeleira de comida pouco saudable.
Montaxes realizada con Pizap.
Se queredes saber máis sobre este tema, lede as crónicas dos nenos/as de primeiro.
Subido con Calaméo

Ningún comentario:

Publicar un comentario