xoves, 29 de novembro de 2018

PUNTOS.

Este ano non abandonamos os puntos; comezamos o curso cunha fornada de 10 puntiños que outorgaron o privilexio de ler no rincón da biblioteca de aula: o recanto soñador. Case todos/as o conseguiron xa; o resto, está a puntiño!!!(Nunca mellor dito).
Xa temos a seguinte proposta funcionando e podemos conseguir un fantástico conto con catro fábulas (en castelán e inglés) para ler e acceso á lectura dos que consigan os nosos compis.
Montaxes creadas con PiZap
Hai algunha cousiña en mente pero poñerémola en páctica máis adiante.

martes, 27 de novembro de 2018

FELIZ DÍA, MESTRES/AS!!!

Obtido no blogue Mi sala amarilla
O 27 de novembro (día de San Xosé de Calasanz) festexamos en España aos mestres e mestras; a nivel mundial facémolo o 5 de outubro, pero todos os días son nosos porque estamos nas aulas ao pe do canón. Espero estar á altura da frase da nosa amiga Sandra e conseguir aínda que solo sexa, un pouco de inspiración nos meus alumnos/a.
Neste artigo de OK diario cóntavos por que se celebra hoxe esta data no noso país.
Déixovos as entradas de anos anteriores con vídeos e cantigas. Premede aquí.
Rematamos cun sorriso  no cole de Gaturro, creado por Nik.
FELIZ DÍA!!!

domingo, 25 de novembro de 2018

VIOLENCIA,NON!!!

Parece que non ten moito que ver a imaxe que escollín co día que hoxe se reivindica, porque eu son de levar algo a contaria, de ir a contracorrente e ofrecer o lado positivo aos demais. Creo firmemente no poder da unión fronte aos problemas sociais, na mirada cara dentro para fomentar o cambio e na forza do exemplo como vía educativa.
A violencia debe ser erradicada de todos os ámbitos da nosa vida e non debe exercerse sobre ninguén. Se todos/as somos iguais, como seres humanos;  por que non tratarnos ben entre nós? Escoitamos demasiadas noticias onde impera a agresión cara os débiles e iso non podemos consentilo. So temos que practicar dúas palabras no noso día a día:
Imaxe creada con Image Chef.
Déixovos unha preciosa canción de Guadi Galego, titulada "Recoñecéndome". Supoño que terá moitas lecturas e non sei cal será a de Guadi; eu interprétoa  como o apoio incondicional que precisamos todos/as nalgún momento vital e coa revisión interior (antes mencionada) para coñecernos e mellorar.
Obtido no canal de Youtube de GuadiGalegoVEVO
Visitade as entradas de anos anteriores, aquí.
Tamén vos deixo a positiva mensaxe Rozalén pintando unha porta violeta, a través das mans do CFGS de Integración Social do IES Ben Gabirol de Málaga. Ogallá non teñan que pintarse máis portas violetas para fuxir senón que poidamos abrilas libremente de calquera cor para escoller novos camiños.
Obtido no canal de Youtube de paloma garcia santafe
FELIZ DÍA DO BO TATO!!!

sábado, 24 de novembro de 2018

O QUE DEU O SAMAÍN DE SI! (IV)

Montaxe realizada con Pizap
Xa vos dixen onte que había unha sorpresiña. Menos mal que temos á profe Vane no cole  porque así puidemos liala para que nos fixese unha montaxe do noso conto. Bueno, non sei quen liou a quen, eu xa tiña pensado facer algo pero.... non ía quedar tan ben!!!
Aí vai a estupenda montaxe que nos preparou!
Obtido no canal de Youtube de Anabel García
Coas láminas, faremos un conto para a nosa biblioteca de aula; que estes traballos hai que conservalos.
Quero rematar dando as grazas a todos/as os que dalgunha maneira participaron neste conto, en especial aos traballadores na sombra (os que desde a casa nos axudan) e á profe Vane por tan marabillosa presentación.
GRAZAS!!!

venres, 23 de novembro de 2018

O QUE DEU O SAMAÍN DE SI (III).

Portada do conto.
Aínda que vos pareza mentira, o Samaín aínda deu algo máis de si. Creamos individualmente unhas historias ( en Lingua Castelá) cuns dados que nos ofrecían varios datos: personaxe, lugar, como comezaba o conto e un feito inesperado. Despois pasámolas a limpo, nunhas plantillas  que atopei en "Nuestros recursos digitales"(Os dados tamén son desa páxina)
Ollade como nos quedaron!
Lembrades a nosa participación nas xornadas do medo? Non? Premede aquí para recordalo, desmemoriados/as!!
Pois ben, fixemos un obradoiro de poesía sobre o día do Samaín. Primeiro, compartimos información sobre esa data; despois, elaboramos entre todos/as unhas ideas básicas para facer un conto e, por último, fixemos grupos de tres para crear as estrofas dun conto rimado.
Como nos gustou o resultado, decidimos contarllo aos nosos compañeiros/as do cole. Para que quedase máis vistoso recurrimos a un artista "de andar pola casa", que nos fixo unhas ilustracións. Nós "maqueámolas" ao noso gusto. E como ensaiamos a lectura varias veces, acabamos recitándoo de memoria.
Esta foi a nosa actuación.
Obtido no canal de Youtube de Anabel García
Mañá espero sorprendervos cun agasallo moi especial!

xoves, 22 de novembro de 2018

CAIXÓN DESASTRE (VI)

Montaxe realizada con PiZap
Voltamos co Caixón Desastre no Día de Santa Icía, patrona dos músicos , dos poetas e dos cegos. Para celebrar esta data, que mellor que facelo con música. Tráiovos un musicograma, similar ao do ano pasado, realizado por Doodle Chaos. A peza pertence ao "Crebanoces" de P. I. Chaikovsky e chámase "Danza da Fada de Azucre"
Obtido no canal de Youtube de Doodle Chaos
Tamén atopei esta mesma melodía, interpretada por William Zeitler, cun sorprendente instrumento: a harmónica de cristal. Premede sobre o seu nome se queredes saber máis
Obtido no canal deYoutube deWilliam Zeitler
Podedes gozar das entradas doutros cursos  aquí.
No próximo Caixón, compartireivos  o conto do "Crebanoces", parécevos?

martes, 20 de novembro de 2018

QUE OS NENOS/AS SEXAN NENOS/AS.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Vinte de novembro, Día Universal do Neno e da Nena. Conmemoramos nesta fecha a protección dos dereitos dos máis pequenos. Aínda que non se celebre o mesmo día en todos os países do mundo, si existe unha  xornada para festexalo. Debe de ser importante, non si?
Un pouquiño de información nunca está de máis. Na páxina das Nacións Unidas podedes investigar sobre o tema.
No blogue da nosa amiga  Blanca B, Actividades para educación infantil, hai unha estupenda entrada  con recursos que vos recomendo. Premede na imaxe.
Contade sempre coas entradas de cursos pasados. Aquí.
Antes falamos dos vosos dereitos como nenos/as pero non podedes esquecer que tamén tedes deberes; igual que os adultos. Recordámolos neste cartel.
E rematamos con música, que nos encanta! Os Lunnis cantan sobre os dereitos universais. Todos/as a cantar!!!
Obtido no canal de Youtube de UNICEF Educación
FELIZ DÍA!!!

domingo, 18 de novembro de 2018

MAGOSTO TIME.

Montaxe realizada pola profe Vane.
Por fin, o venres 16, celebramos o magosto no cole. Estaba programado para o día 9, pero tivemos que aprazalo por mor do temporal. O certo é , que o día, veu estupendo.
Fixemos unha preparación previa na aula para a festa. Ademáis de traer leña e castañas (senon menudo magosto que sería) realizamos un obradoiro de cornetes e uns colgarexos para o pescozo.
Comezamos a festa degustando as castañas que asaron os profes Javi e Toño e tisnando as caras co borro(uns máis que outros).
E coa barriguiña fartuca tiñamos que sacudir o comido. Que mellor maneira de facelo que xogando!
 O primeiro xogo foi "A castaña que estoupa". Colocados en círculo, hai que pasar unha castaña ao ritmo da música ata que esta deixa de soar. O que teña o froito no seu poder, queda eliminado. Foi moi divertido e gañou Xeila. 
O segundo xogo,"A carreira de castañas", trouxo o primeiro posto para Natalia despois de correr "a gatas" cunha castaña no lombo. E tamén gañou a profe, na carreira dos mestres (eu creo que me deixaron gañar).
O último,foi "Sementa e apaña", que nos enfrontaba a cursos diferentes. Competimos cos alumnos/as de 1º e gañamos por moi pouquiño. Son moi rápidos!!!Consiste en sementar tres castañas que debe recoller o seguinte membro do grupo. Así se alterna ata que rematan todos.
Montaxes realizadas con PiZap
Foi unha festa estupenda!!! O mellor de todo é, que xa temos de volta á profe Vane e podemos liala (e viceversa) nas nosas historias.  
Grazas polas fantásticas fotos, profe!!!

venres, 16 de novembro de 2018

TOLERANCIA 2018.

Escena de "Gru, o meu villano favorito"
Cada 16 de novembro, conmemoramos o Día Internacional para a Tolerencia designado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Un concepto  como este vainos a servir de ferramenta para chegar a unha convivencia en paz. Vexamos como potencialo.
- Na páxina de Guía infantil comparten un vídeo para ensinar a ser máis tolerantes , que vale para familias e cole.
Obtido no canal de Youtube  guiainfantil
-Déixovos "101 ideas para a tolerancia" de Tolerance.org, que atopei no Scribd de Adriana Sandí.
- As entradas de anos anteriores están á vosa disposición aquí.
-Para rematar, unha historieta moi curtiña que nos invita a non xulgar sen saber.
Obtido no canal de Youtube de dl650
FELIZ DÍA!!!

luns, 12 de novembro de 2018

O QUE DEU O SAMAÍN DE SI (II).

Exposición de cabazas do cole.
Quedaramos na outra entrada falando do día da festa do Samaín. Hoxe vouvos ensinar as fantásticas cabazas que trouxeron os nenos/as de 2º e que fixeron coas súas familias.
Despois do rap (que vistes o outro día), tivemos uns xogos terroríficos. Comezamos con "Pumpkins race"(carreira de culleres con cabaciña enriba) e seguimos con "Monster golf"(xogar a unha especie de golf metendo a pelota na boca do monstro).
"Feed the monster game" foi o noso 3º xogo (coma a nosa ra tradicional pero con monstros).Continuamos con "Witch hat bing toss"( encestar aros nos gorros das bruxas) e "Bob for apples"( que era coller unha mazá nunha tina de auga , pero non se nos deu moi ben). Rematamos  con "Spider bowling" (bolos de arañas) e "Ghost bowling" ( que consistía en tirar a torre de fantasmas).
Montaxes realizadas con PiZap.
Ao final, cantamos e bailamos a canción das caveiras. Déixovos esta versión que atopei no Youtube.
Obtido no canal de Youtube de Educa Baby TV Canciones Infantiles.
Aínda queda unha sorpresiña para unha próxima entrada.

sábado, 10 de novembro de 2018

CAIXÓN DESASTRE (V).

Montaxe realizada con PiZap.
Hoxe, no noso "Caixón Desastre", aparece a historia dun cadeliño bondadoso e unha cegoña agradecida. Son dúas virtudes ben interesantes, practicámolas?
Obtido no canal de Youtube de elexer 666

mércores, 7 de novembro de 2018

O QUE DEU O SAMAÍN DE SI.

Exposición de cabazas do cole.
O día 31 de outubro celebramos no cole a nosa festa de Halloween- Samaín. Xa empezaramos a gozalo o día anterior coas "Xornadas de medo" , que nos propuxera a bibloteca escolar. Tivemos a sorte de ver unha representación dos alumnos/as de 6º de primaria con bruxas, meigas e pantasmas, onde había un vampiro moi simpático e ata aparecía Peter Pan. Tamén os meniños/as de infantil lle axudaron á teacher María a contar a historia "Go away, big green monster!". O mostro presidía esta ano a nosa exposición.
O propio día da celebración comezamos nós, coa historia rimada que inventamos e ilustramos "Nenos con patacas".
Despois chegou un momento moi agardado por todos: a estrea mundial do "Rap do Samaín". A letra fixérona os alumnos/as de 5º e 6º baixo a supervisión da profe Lucía, que este ano repetiu prácticas no cole.Tamén ela se encargou da música. Ollade que ben quedou o rap, neste vídeo da teacher María!
Obtido no fecebook do Formigueiro de Forcarei
Noutra entrada sígovos contando.

luns, 5 de novembro de 2018

E TI,... A QUEN COIDAS?

Imaxe atopada na rede.
Fai xa cinco anos que, a Sociedad Española de Geriatría y Gerontología (SEGG) e a marca Lindor Ausonia, impulsaron a creación do Día do Coidador. Pretenden poñer en valor a figura da persoa que coida aos nosos maiores; un traballo clave para a nosa sociedade cada vez máis envellecida. Aínda que, non só  repararemos dos anciáns, senón  que tamén temos que atender aos nenos e as persoas dependentes. Polo tanto, existe a posibilidade de que nas nosas casas  alguén precise de coidados que nós lle podemos dar. Todos debemos colaborar na medida das posibilidades que temos. Ás veces, unha aperta , un sorriso ou un aloumiño pode cambiar unha situación e sempre senta ben.
Non esquezades a figura do coidador, de quen estamos a falar, porque eles e elas necesitan ser coidados tamén, xa que a súa carga é moi pesada e o seu traballo duro. Recoñezamos o que valen e axudémoslle no que poidamos. E ti,... a quen coidas?


Vídeo obtido en ABC España
FELIZ DÍA!!!

sábado, 3 de novembro de 2018

HORA DE LER (III)

Montaxe realizada con PiZap.
Hoxe móstrovos as últimas lecturas de verán que contamos na Hora de ler. 
Comezamos por Aarón, que nos trouxo un dos libros da saga dos Bolechas, concretamente un que  fala dunha piscina inchábel. Escoitade ben!!
Alejandra tamén nos trouxo un clásico Disney, "Blancanieves y los 7 enanitos". Fixádevos que ben nolo contou!
Pechamos o noso ciclo con Xeila e "¿Me perdonas?" de Norbert Landa. A ver que vos parece!
Obtidos no canal de Youtube de Anabel García.