xoves, 26 de decembro de 2013

REMATE DE TRIMESTRE


Non hai final que se precie do Primeiro Trimestre sin un bo festival de Nadal. Este ano os nenos/as de 4º interpretaron unha coreografía de  percusión preciosa sobre un poema de Gloria Fuertes ("Con solo tres letras"), que prepararon co profe Toño. Tamén cantaron en inglés, "Santa Claus is coming to town" , un clásico navideño  que ensaiaron coa teacher María.
As miñas felicitacións para todos os participantes porque o fixeron xenial!!!
(Aparece na foto a nosa Dona Carme particular (Sabela) que lles botou unha man aos Picariños e á profe Vane)

10 comentarios:

  1. Estivéstedes xenial rapaces. E que dicir desta Dona Carme!!!

    ResponderEliminar
  2. A actuacion de percusion foi do melloriño q vin hai tempo en festivales,e a de ingles increible ver como se desenvolven coa lingua extranxeira....os profes valen moito!!!! Lola

    ResponderEliminar
  3. Grazas, profe Vane. Cónstame que foi un pracer.

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas, Lola. o certo é que traballaron moito con Toño e María e quedou moi lucido.

    ResponderEliminar
  5. A verda e q todos o fixemos moi ben
    Santi

    ResponderEliminar
  6. Seguro que fixeron unhas grandes actuacións e que disfrutaron un montón. AGora disfrutade destas datas e das vacacións. Espero que teñades unha gran entrada de ano. Unha forte aperta.

    ResponderEliminar
  7. Modestia aparte, Santi. Pero si , estivestes moi ben.

    ResponderEliminar
  8. Moitas grazas, Ana. Esperamos que ti tamén esteas disfrutando e que empeces o ano con bo pé. Biquiños.

    ResponderEliminar