martes, 4 de novembro de 2014

CELEBRACIÓN DO HALLOWEEN-SAMAÍN.

O pasado xoves  estivemos de festa e queremos que vexades o ben que o pasamos.
Xa empezamos o luns indo á biblioteca a escoitar contos de medo. Ese día,a teacher María, contounos  a historia  de "La asombrosa calabaza de Brunilda"; o martes, tocounos a nós, os nenos/as de 4º ler (xa vos informaremos máis polo miúdo); o mércores, foron os nenos/as de 3º os que nos puxeron os pelos de punta coas súas historias inventadas e o xoves tivemos doble sesión: por unha banda os alumnos/as de 2º con "A min non me comas!" e por outra, a profe Vane, cos peques de 3 e 4 anos recitáronnos uns poemas de Carmen Gil. O tempo na biblioteca rematou co visionado dunha curta "Os difuntos falan castelao"
Despois fomos ao salón de actos para ver unhas actuacións que prepararan algúns cursos coa teacher, fixemos o concurso de cabazas e uns obradoiros de cociña monstruosa. Non podía rematar doutra maneira que degustando semellantes e terroríficos manxares. Foi unha festa estupenda!!!
Os gañadores das cabazas, noutra entrada.

Hoxe é o Día da Ciencia en Galego e fixemos cousiñas moi especiais. En breve, contarémosvolas!!!!

4 comentarios:

  1. que bonitas todas as cabazas¡¡¡e as momias tamen(eu non a comin pero a verdade e que quedaron xenial¡)¡¡
    encantoume todoo¡¡

    ResponderEliminar
  2. Tes razón Ana, quedaron estupendas pero vou ter que pensar.....que eres de mal dente!!!!(jejeje)

    ResponderEliminar