Imaxe atopada na páxina FAMMA
Comezamos decembro da mellor das maneiras...con visita!!! O día 3 celebrábase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade pero nós adiantámonos. Recibimos a visita dos usuarios/as e monitores de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade). Na semana previa estivemos preparando o acontecemento e elaboramos un crebacabezas por aula. Cada un tiña que reflectir nunha peza unha fotaleza destacada coa que complementaba ao grupo. Este foi o noso proceso.
E así de chulos quedaron o dos compis do cole.
Montaxes realizadas con pizap.com
Da visita falamos na próxima entrada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario