martes, 5 de xullo de 2022

MANUALIDADES(IV)

Imaxe de anncapictures en Pixabay.com
Imos ver hoxe as dúas últimas manualidades do curso de 3º.
Estivemos durante varias sesións practicando a papiroflexia (e lembrándonos da profe Susana, que era unha experta) e fixemos varios paxaros: en folio branco, de cor e en papel estampado por nós. Pintamos un folio branco con ceras acuarelables e pasámoslle unha toalliña húmida. Cando estaba seco utilizamos selos diferentes e bolis de purpurina para estampar os papeis. Despois elaboramos o noso paxariño bicolor e montámolo con palliñas de cartón sobre o noso rolo pintado con témpera. Este foi o resultado!!
Para ver os vídeos polos que nos guiamos premede nos enlaces.
Por último, realizamos o noso cartafol para gardar os traballos de Plástica de todo o curso. Utilizamos unha cartolina grande, coma sempre, perforadoras, lazo e imaxinación. Ollade o que saiu!
Montaxes realizadas con Pizap,com

Ningún comentario:

Publicar un comentario