xoves, 28 de decembro de 2017

MANUALIDADE DE NADAL.


A nosa manualidade de Nadal deste ano foi unha bonita árbore. Podedes premer sobre a imaxe inferior para ver o modelo pero é tan sinxela de facer que, cando vexades as nosas, saberedes como facelas.


Tamén con motivo de árbore foi o pequeno agasallo que levaron os nenos/as para as súas casas.
Montaxes realizadas con Pizap.

martes, 26 de decembro de 2017

RECURSOS VARIADOS.

Imaxe obtida en Pixabay.
No blogue Juegos Educativos Online Gratis aparece unha compilación de actividades de Lectoescritura e algunha de Matemáticas que nos pode vir moi ben. Aproveitádea rapaces!!!!
(Coidado cos xogos que traen os  contidos de todo o curso!!!)
Bueno..., vale.... , algo de Nadal tamén. Este xogo de memoria e crebacabezas navideños. A gozar!!!
(http://www.memo-juegos.com/)

domingo, 24 de decembro de 2017

FELIZ NADAL!!!

Imaxe atopada en Pixabay.com.
Para desexarvos o mellor nestas preciosas datas , déixovos unha montaxe creada sobre unha panxoliña interpretada polo proxecto Cantoalegre. A información está recollida nos títulos de crédito pero se queredes máis información sobre esta iniciativa, premede na imaxe. Enlace ao vídeo orixinal  https://www.youtube.com/watch?v=WqP4BZyxrlk )
No vídeo non aparece Ainoa porque, aínda que se sabía moi ben a súa frase , estivo enferma cando fixemos a grabación. Foi unha lástima pero pensamos moito nela. Poderavos gustar mais ou menos,incluso pensar que o podiamos facer mellor. Podo  asegurarvos que esta toleada de última hora está cargada de ilusión  e entusiasmo por parte de todos os participantes.
So me queda agradecerlle á profe Vane, encargada da grabación e montaxe, e ao noso produtor executivo, C.C., o seu traballo desinteresado para que esta preciosa montaxe vise a luz. Sodes uns artistas!!!
PARA TODOS E PARA TODAS; PARA O MUNDO ENTEIRO FELIZ NADAL!!!

sábado, 23 de decembro de 2017

O NOSO FESTIVAL.

Imaxe atopada en Pixabay.com
 O mércores pasado celebramos o festival no cole. Foron moitos nervios e preparativos para que todo saise á perfección. Tal vez non foi perfecto, pero puxémoslle moita intención.
Os alumnos/as de 1º interpretaron unha panxoliña en castelán titulada "Villancico del Polo Norte", que ensaiaron co profe Toño. A profe encargouse , xunto coas familias , do vestiario.
No canal de Youtube de Anabel García.
Ese día tamén pasamos polo estupendo "Photocall" que montaron no salón de actos. Observade que guapetes saímos.
E tamén fixemos unha sesión fotográfica na aula.
Montaxes realizadas con Pizap.

venres, 22 de decembro de 2017

ESPERADA VISITA.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Este ano a cousa estivo difícil pero grazas ás intensas xestións da ANPA, puidemos gozar da visita de Papá Noel. Chegou despois do recreo co seu saco cargadiño de agasallos e fíxose fotos con todos nós.
Mirade, mirade!!!
Nós xa tiñamos as nosas cartas preparadas. Cada un escolleu libremente a quen lle quería escribir. E saiu un empate : 5  aos Reis Magos e 5 a Papá Noel. A idea do sobre déunola a profe Susana ( e ata nos recortou os corniños); a dos Reis... improvisación da profe!! (As plantillas das cartas están en dibujos.net)
A ver que vos parecen!!!
Montaxes realizadas con Pizap.
GRAZAS , PROFE SUSANA!!!

martes, 19 de decembro de 2017

CALENDARIO DE ADVENTO.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Este ano o noso calendario de advento sacámolo do blogue da nosa amiga Blanca B, Actidades para Educacióin Infantil, que sempre publica unhas actividades estupendas. Nesta ocasión, cada día ven representado por un reno.  Premede aquí para ver a entrada. Sacou a idea de Krokotac , que é unha páxina con manualidades xeniais. Mirade como nos quedou a nós!
Cada día, liamos o que nos tocaba facer , como un abrazo colectivo de aula, portarse ben no comedor, saudar cun sorriso, consolar a un compañeiro/a triste ou facer un agasallo manual para mamá. Despois, no noso calendario persoal tiñamos que apuntar o día e colorear o que  iamos facendo. Aínda nos quedan uns días!!
Montaxes realizadas con Pizap.

sábado, 16 de decembro de 2017

SAÍDA A PONTEVEDRA.

Imaxe do espectáculo.
Finalizando o mes pasado, fixemos unha saída a Pontevedra para asistir a unha obra musical na sede da Fundación Abanca.
O conxunto Odaiko Percussion Group fixo as delicias de nenos/as e mestres coa súa obra "Circopeta", baseada no clown e os instrumentos cotiás.
Mirade que ben o pasamos!
Montaxe realizada con PiZap.

mércores, 13 de decembro de 2017

DONA CASTAÑA.

Recordades que polo Magosto nos fomos á aula dos amigos/as de 3 e 4 anos? Pois hoxe ensínovos a manualidade que alí realizaron os meus nenos/as coa profe Vane. Trátase da Señora Castaña. Con dúas castañas, plastilina, palillos e lá, sae esta figuriña tan graciosa.
Agora mirade como as crearon e como lles quedaron.
Montaxes realizadas con PiZap.
GRAZAS, PROFE VANE!!!

domingo, 10 de decembro de 2017

RECURSOS DE NADAL 2017.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Como xa estamos no mes decembro, non solo chega o frío, tamén aparecen os recursos de Nadal. A ver que vos parecen os deste ano!!!
- Para traballar sobre a nosa tradición, tedes a páxina do Apalpador.
-A nosa amiga Sandra Luz, de Mi Sala Amarilla, fixo unha estupenda recollida de panxoliñas que merece a pena escoitar.
-Outra  amiga que tamén compartiu moito material é  Blanca B , no seu Actividades para Educación Infantil. (Enlázovos a unha entrada de pinos navideños en papel pero hai moito máis material)
-No blogue da amiga Blanca Lafarga, Escuela infantil castillo de Blanca, hai moitos post relacionados co tema.
-Na páxina Kleuteridee atoparedes manualidades de Nadal.
-En Creciendo con libros y juegos, manualidades a esgalla!
-Non esquezades os recursos doutros anos.

venres, 8 de decembro de 2017

O QUE OUTONO NOS DA.

Imaxe obtida en Pixabay.com.
O pasado mes de novembro fixemos no cole unha exposición sobre produtos do outono. Cada aula, encargouse de escoller un froito, investigalo e elaborar un cartel informativo. Posteriormente, no salón de actos, montamos unha pequena exposición co resultado do noso traballo. Mirade que bonita quedou!!!
A clase de primeiro escollemos o millo, xa vos ensinaremos como foi a investigación.
Como colofón a esta magnífica iniciativa, que menos que unha degustación dos produtos investigados. Ollade a nosa mesa!!!
Había moitas cousas ricas:  produto fresco (uvas, granadas, pipas de cabaza e figos ), produto elaborado ( doce de marmelo e de mazá, pan de millo,pan de figos...) e un repertorio de doces que tivo moito éxito (biscoitos de noces, mazá, cabaza...). Os nosos flocos de millo tamén voaron. Non quedou nadiña!!!
Montaxes realizas con Pizap.

martes, 5 de decembro de 2017

O QUE MÁIS NOS GUSTOU.

Xa vos dixen que vos ensinaría o que máis nos gustou da charla que  nos deu  Roberto.  Aquí está o resultado!!!
Pero tamén recollimos o mellor da festa do Magosto. Vealí queda iso!!!

domingo, 3 de decembro de 2017

CAPACIDADES DIFERENTES.

Imaxe atopada na rede.
Todos os 3 de decembro, obsérvase no mundo o Día Internacional das persoas con Discapacidade. O seu obxectivo é chamar a atención e mobilizar apoios para aspectos fundamentais  relativos á inclusión na sociadade das persoas con discapacidade. Pero se son persoas, xa pertencen á sociedade por pleno dereito, non? Como seres humanos temos virtudes e defectos , capacidades diferentes e cousas que nos custan máis. Iso pásanos a todos!!!! E senón, pasádevos pola nosa clase e veredes que a primeira que se equivoca é a profe; que recorta torto e moitas cousas máis que non vos vou contar. Por iso entendo a quen lle custa, o que non paso é que non se intente. 
Para alegrarvos  o día déixovos unha canción de Andaluna e Samir que ten que ver coa integración.
Obtido no canal de Youtube de AndalunaySamir.
Imaxe de Loqueleo Santillana.
Premede aquí para ver as entradas doutros anos.
FELIZ DÍA!!! 

venres, 1 de decembro de 2017

COMEZA A CONTA ATRÁS!

Como todos os anos, chegado o 1 de decembro, empeza a conta atrás para chegar ao ansiado Nadal. Déixovos a aplicación deste ano de Google, "Segue a Papá Noel",para que vaides contando os días.

xoves, 30 de novembro de 2017

CASTAÑADA.

A véspera do San Martiño celebramos no cole o noso magosto. Como foi pola mañá, comezamos comendo as castañas no recreo. Este ano fixemos uns cestiños reciclando botellas de auga que quedaron bastante ben. Non vos parece?
O profe Javi e o profe Julio foron os encargados de asar as castañas  no patio; aínda que houbo máis colaboradores.
 Mentres eles traballaban nós fomos á clase dos nenos/as de 3 e 4 anos a facer unha manualidade ( xa o contamos noutra entrada).
Cando xa estabamos "fartiños" tivemos que baixar todo o que comeramos e fomos xogar(por  quendas)aos diferentes xogos que houbo este curso.Volvemos a facer grupo cos nenos/as de Infantil 5 anos. Xogamos ao Papacastañas, o Sementa e apaña, a un mini golf, a Toma castaña!.... Tamén bailamos e fixemos carreiras.
Montaxes realizadas con PiZap.
FOI UN DÍA ESTUPENDO!!!

luns, 27 de novembro de 2017

FELIZ DÍA, COMPAÑEIROS/AS!!!

Imaxe de Azúcar y Sal.
En España, é hoxe, o 27 de novembro, cando se festexa o Día do Mestre/a. Para todos e todas
FELIZ DIA!!!
Obtido no canal de Youtube de Babyradio.

sábado, 25 de novembro de 2017

BASTA XA!

Atopada no blogue Las TIC en primaria.
Pasan os anos e seguimos reivindicando e lamentando que no  mundo exista violencia.Non debería ser tan difícil conseguir a súa erradicación, poñendo en práctica as palabras que aparecen dentro do corazón. Traballemos xuntos polo bo trato!!!
No blogue La mochila del Arco Iris hai unha entrada sobre o tema moi completa. A ver que vos parece!!
Unhas actividades, na nosa lingua, recollidas en Genially por Galiza.
En Por tu Igualdad podedes ver uns contos moi chulos sobre a igualdade.
No blogue Paxariña de papel tamén temos material para parar un tren.
Non esquezades visitar as entradas de anos anteriores aquí.
POLO BO TRATO!!!