luns, 21 de abril de 2014

CRÓNICA DUNHA PARTIDA ANUNCIADA.

O pasado 17 de abril abandonaba este mundo , Gabriel García Márquez, premio Nobel de Literatura en 1982. Este autor colombiano de nacemento e mexicano de adopción deixounos un extenso legado cuxo máximo exponente  é "Cien años de soledad". Non é un autor infantil pero como ides medrando debería empezar a soarvos. 
Deixovos  un vídeo  subido a Youtube por Hada Dormida ,que recolle as "13 líneas para vivir" deste xenial autor. Creo que moitas delas as enteredes perfectamente, se non podedes preguntarnos aos adultos; pero non esquezades que, na vida, a mellor aprendizaxe é a que un fai  a través da propia experiencia.
Os grandes xenios son humanos, tamén se equivocan.
Ata sempre, Gabo!!!

6 comentarios:

  1. Que bonita homenaxe a un gran escritor, Anabel. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Grazas, Ana. Vaise a persoa pero queda un gran legado. Un bico.

    ResponderEliminar
  3. Xa nos olvidamos dos puntos

    Santi

    ResponderEliminar
  4. Tranquilo, Santi. Todo se andará.

    ResponderEliminar
  5. Hola profe son Eva,estuben mirando os videos que colgaches e son todos moi chulos.

    ResponderEliminar
  6. Que alegría verte por aquí, Eva. Entusiásmame que che gusten os vídeos. Difruta da ponte.

    ResponderEliminar