Na última entrada quedamos contentos/as despois da merenda e cando volvemos á aula fixemos unha actividade moi chula: o libro “O meu primeiro día en Primeiro” . Cada un debuxou como se sentía, os seus gustos e o que fixera nas vacacións. Quedáronnos uns libros preciosos cheos de cores e ilusión!
Botabades de menos as efemérides? Pois xa están de volta!
Nesta ocasión ímolas relacionar con plantas autóctonas de Galicia e moi pronto vos contaremos o por que desta decisión. Para acceder a elas premede na folla do calendario.