mércores, 1 de outubro de 2025

EFEMÉRIDES DE OUTUBRO (2025).

Montaxe creada en Canva.com
Botabades de menos as efemérides? Pois xa están de volta!
Nesta ocasión ímolas relacionar con plantas autóctonas de Galicia e moi pronto vos contaremos o por que desta decisión. Para acceder a elas premede na folla do calendario.
Para a estrea do mes de outubro falaremos do... CARBALLO, o xigante do monte galego.
O carballo é unha das árbores máis importantes de Galicia. O seu nome científico é Quercus robur. É moi especial porque pode vivir moitos anos, mesmo centos!
Como é o carballo?
  • Ten un tronco groso e forte.
  • As follas son verdes, con bordes ondulados.

  • No outono caen as follas e medran outras novas na primavera.

Os seus froitos: as landras.

O carballo dá uns froitos chamados landras. Serven de alimento para moitos animais: xabarís, esquíos ou paxaros.

Para que serve o carballo?

  • Dá sombra no verán.

  • A madeira é dura e usábase para facer barcos e mobles.

  • É a casa de moitos animais e insectos.

Curiosidade

En Galicia, o carballo é un símbolo de forza e sabedoría. Moitos contos e lendas galegas falan desta árbore.

Podedes obter máis información desta árbore aquí.

FELIZ MES.

6 comentarios:

  1. los robles son preciosos, gracias por la información.
    Un besico

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Lo son, Blanca. Muchas gracias por tu visita y tu comentario.
      Un biquiño.

      Eliminar
  2. ¡Me gustan los robles!
    Gracias por darnos información.
    Biquiños, Anabel.
    He dejado una nueva entrada en mi blog.
    ¡Feliz día!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Muchas gracias a ti, Marisa, por tu visita y comentario. En cuanto tenga un ratito me paso a ver tu entrada,
      Biquiños.

      Eliminar
  3. ¡Hermosa idea para acompañar los calendarios!
    Buen comienzo de semana Anabel.
    Besos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Muchas gracias, Sandra.Que tengas un a buena semana tu también.
      Un abrazo.

      Eliminar