mércores, 11 de xuño de 2025

TOCA A PANDEIRETA, SANÍN!

Imaxe dunha pandeireta de Sanín Percusión
A nosa celebración das Letras Galegas continuou o martes 14 de maio cando recibimos no colexio a José Manuel Salvado Sanín, coñecido como José Sanín, un verdadeiro mestre artesán de pandeiretas e instrumentos de percusión.
José trouxo moitos elementos e exemplos do seu traballo na eleboración de pandeiretas. Falounos con moito detalle da súa fabricación, que el fai a man, unha por unha. Para facer unha pandeireta, primeiro corta o arco de madeira, que normalmente é de castiñeiro ou carballo. Despois dálle forma redonda e deixa que seque durante varios días. Logo coloca a pel, que pode ser de cabra ou vaca, ben tensa para que soe con forza. Por último, engádelle as ferreñas, que son as pezas metálicas que fan o son característico cando a tocamos. Cada pandeireta é única!
Montaxe realizada con Canva.com
O mellor foi que nos deixou tocar as pandeiretas e facer ritmos con el. Foi moi divertido e sonaba xenial!
Pasámolo en grande e aprendemos moitas cousas novas. Grazas, José Sanín, por compartir con nós o teu saber e a túa paixón pola música galega!
Velaquí o exemplo:

Montaxe realizada con  Calàmeo

Ningún comentario:

Publicar un comentario