Imaxe atopada en ALI Juguetes
O martes 13 de maio celebramos no colexio o Día das Letras Galegas cunha xornada moi especial chea de música, libros e emocións. Este ano tivemos a sorte de recibir a visita de Icía Varela, que nos presentou o libro "Cantareiras", escrito xunto ao seu pai, Xosé Manuel Varela.
A celebración comezou cunha introdución feita polos nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria, que nos explicaron a importancia do Día das Letras Galegas e contáronnos a quen se homenaxea este ano. Xa o di o título do libro; ás cantereiras.
Despois chegou o momento máis agardado: Icía Varela falounos do libro que relata a vida das mulleres que cantaban mentres traballaban e gardaban as cancións populares galegas. Cantounos algunhas das cancións que aparecen no libro. Nós tamén cantamos con ela e pasámolo xenial!
A celebración rematou coa intervención da alcaldesa, Verónica Pichel, que nos deu as grazas por participar e animounos a seguir falando galego.
Foi un día moi bonito e divertido.
Que vivan as nosas Letras!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario