Imaxe de André Santana en Pixabay.com
Seguimos parolando de familias e das visitas que nos fixeron durante o mes de abril para contarnos unha chea de historias.
Nesta ocasión temos que falar da mamá de María, Raquel, que nos presentou "Gloria"; un fermoso libro en galego da colección "Os meus amigos". Foi un éxito porque a autora das gravatas sempre causa furor entre a rapazada.
Premede para ver a reseña.
Ao día seguinte recibimos á mamá de Pablo, Sonia, que nos sorprendeu por partida dobre. Primeiro contounos un conto escrito por ela mesma, baseado nas andanzas duns nenos na aldea e despois,proxectamos un vídeo onde a bisa Sofía ( a bisavoa de Pablo) nos deleitou cunha historia entre un lobo e un raposo. Foi moi graciosa!
Montaxes realizadas con Pizap.com
Quedamos encantados coas visitas,sobre todo coa virtual!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario