luns, 19 de xuño de 2023

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN.

Imaxe de Alex G. Ramos en Pixabay.com
En abril, con motivo da celebración do mes do Libro, a biblioteca propúxonos que as familias podían virnos a contar historias á aula. Fíxose dende ela unha invitación formal e a esperar.O certo é que a nós iso da espera non se nos da moi ben, polo que decidimos insistir un pouquiño para ver que pasaba. Que pensades que aconteceu? Pois claro que si! As nosas familias respostaron positivamente ao ofrecemento comezando así unhas Horas de ler inesquecibles!
A primeira en inaugurar este espazo foi Fátima Álvarez, a madriña de Gabriel, que nos trouxo un libro ben interesante "Puf! vaia peido...Seres sorprentes con nomes ben ocorrentes" de Luisa Martínez Lorenzo.
Premede na imaxe para ver a reseña
Montaxe realizada con Pizap.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario