Imaxe de Natalia Lavrinenko en Pixabay.com
A nosa celebración do 8 M tivo lugar ao longo do comezo do mes de marzo. O martes 7, visitounos a alcaldesa e a concelleira de Igualdade para agasallarnos cunhas chapas moi chulas. Recollían os debuxos gañadores das edicións anteriores do concurso de carteis do 8 M realizado polo Concello. Creo que para o ano poderemos participar o alumnado do cole.
O cartel gañador deste ano pertence a Silvia Álvarez Fontán, estudante de 2º de bacharelato do IES Chano Piñeiro. Inspirado no famoso cadro de Delacroix, "A liberdade guiando ao pobo",Silvia mostra a unha emponderada Rosalía que guía a diferentes mulleres, ente elas, Maruja Mallo ou Frida Kalho. Velaquí a obra.
Cartel gañador de Silvia Álvarez Fontán
E non vos fixastes no escenario? Pois a obra decorativa fixémola entre todo o alumnado e profesorado do cole, coordinados pola mestra Natalia. Nuns paraugas escribimos o oficio e o nome de mulleres representativas para nós de Forcarei.
Ollade que ben quedou!
Montaxes realizadas con Pizap.com
Noutra entrada sígovos contando!
Ningún comentario:
Publicar un comentario