martes, 28 de marzo de 2023

CELEBRANDO O 8M (II).

Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay.com
Como vos dicía na entrada anterior, celebramos o 8 M durante varios días. Aparte do cartel que compuxemos e da visita da alcaldesa, a profe Natalia propuxo facer unhas biografías de mulleres e despois xogar a adiviñar quenes eran entre todos/as. Non sei como nos amañamos pero sempre acabamos metidos en todas as leas!!! Un grupo de alumnado (entre os que estabamos) fixo as biografías e despois, durante dúas sesións da "Maxia dos venres", fomos a xogar á biblioteca. Así foi como o fixemos!
Montaxe realizada con Pizap.com
Déixovos unha presentación con todos os traballos que fixemos entre o Equipo de Biblioteca, Extraescolares e Dinamización da Lingua. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario