xoves, 18 de marzo de 2021

MINI SAÍDA.

Imaxe obtida na páxina do Concello de Forcarei
O pasado 10 de marzo fixemos a nosa segunda saída fóra do colexio (a primeira fomos ao pavillón ,no Nadal, a ver ao Che actuar). Non foi moi lonxe pero si interesante. Cando facía bo tempo saiamos á terraza a facer o recreo e puidemos ver como o muro do pavillón Paco Rubio se ía transformando día a día. Como por arte de maxia apareceu un mural pintado con mulleres representativas de Forcarei. A pintura foi inaugurada pola autora, autoridades e familiares das homenaxeadas o Día Internacional de Muller (8 de marzo). Nós tivemos a sorte de visitalo 2 días despois. A súa artífice, Basilisa Fiestras, explicounos  con todo luxo de detalles o que plasmara na súa preciosa obra.
Tendes máis detalles aquí.
Montaxes realizadas con Pizap
PARABÉNS, BELI, POLA TÚA FERMOSA OBRA!!!

2 comentarios:

  1. Una salida muy interesante, seguro que los niños disfrutaron mucho.
    Un besico

    ResponderEliminar