Imaxe obtida na páxina do Concello de Forcarei
O pasado 10 de marzo fixemos a nosa segunda saída fóra do colexio (a primeira fomos ao pavillón ,no Nadal, a ver ao Che actuar). Non foi moi lonxe pero si interesante. Cando facía bo tempo saiamos á terraza a facer o recreo e puidemos ver como o muro do pavillón Paco Rubio se ía transformando día a día. Como por arte de maxia apareceu un mural pintado con mulleres representativas de Forcarei. A pintura foi inaugurada pola autora, autoridades e familiares das homenaxeadas o Día Internacional de Muller (8 de marzo). Nós tivemos a sorte de visitalo 2 días despois. A súa artífice, Basilisa Fiestras, explicounos con todo luxo de detalles o que plasmara na súa preciosa obra.
Tendes máis detalles aquí.
Montaxes realizadas con Pizap
PARABÉNS, BELI, POLA TÚA FERMOSA OBRA!!!
Una salida muy interesante, seguro que los niños disfrutaron mucho.
ResponderEliminarUn besico
Pues sí,Blanca. Estuvo muy bien.
EliminarUn biquiño.