mércores, 1 de abril de 2020

AVENTURA ESPACIAL!!! (VIII).

Imaxe de CharlVera en Pixabay.com
Hoxe comezamos o mes de abril celebrando o Día das Bromas en algúns países europeos. Parece que a cousa non está para moitas historias pero ter gañas de vivir e facelo cun sorriso pode solucionar moitos problemas.

Teño que pedirvos, aínda que supoño que xa o estaredes facendo, que gardedes todos os traballos que vaiades realizando nunha carpeta. Así levaremos conta de todo o que estamos facendo.
Chegamos ao planeta máis afastado do Sol..... Neptuno!!! Buscade aí as tarefas a realizar.
Como bos astronautas temos que saber de todo. Hoxe falaremos de pintura, máis concretamente do tolo do pelo vermello. Tendo en conta que fai dous días se celebrou o seu aniversario é unha boa ocasión para coñecelo.
O 30 de marzo de 1853 nacía en Zundert (Paises Baixos) , o pintor postimpresionista Vincent van Gogh. Déixovos aquí unha fantástica biografía"Descubriendo a Van Gogh" de Fernando G. Rodríguez e David Hernando. Ten moita información polo que vos recomendo que a leades pouco a pouco (1 páxina por día, por exemplo). Xa veredes como vos gusta.
Tamén podedes disfrutar desta creación das obras do autor en 3D realizada por Luca Agnani, coa marabillosa música de Federico Einaudi. Xa me contaredes que tal!!!
Obtido no canal de Youtube de Luca Agnani Studio
VAAAAAMOS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario