mércores, 1 de abril de 2020

AVENTURA ESPACIAL!!! (IX).

Imaxe de DavidRockDesing en Pixabay.com
Hoxe chegamos ao astro rei: o Sol. O que nos quenta e nos ilumina, no fondo o que permite que no planeta Terra exista vida. El darávos as claves do traballo de hoxe.

No traballo de hoxe hai que facer unha ficha sobre o libro que lestes onte. Como non tendes a ficha na casa facede un modelo similar nun folio: poñede os datos, se vos gustou e facede o debuxo por detrás.
Noutra orde de cousas comentarvos que o 2 de abril é unha data de dobre celebración: por un lado, é o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, e por outro, o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo.
Primeiro veremos información sobre os mesmos.
Na revista Babar aparece recollida a mensaxe deste ano escrita por Peter Svetina e traducida por Barbara Pregej.
Nesta campaña e baixo o lema "Podo aprender, podo traballar" chega o 2 de abril tinguido de azul para falarnos do Trastorno do Espectro Autista (TEA).Se queredes participar  tendes a información na imaxe inferior.
Consultade as entradas de anos anteriores aquí .
FELIZ DÍA!!!

2 comentarios:

  1. Te quedó muy bien la presentación y, gracias por hacerme acuerdo del día mundial del autismo.
    Saludos.

    ResponderEliminar