Imaxe atopada en Pixabay.com
Ola todos/as:
Que tal imos? Seguro que estades sendo moi responsables e seguides as instrucións que nos marcan para que todo saia ben. Que sairá!!!!
Como xa fixemos a semana pasada traballaremos desde a casa e intentaremos aprender e entreternos.
Que vos parece se comezamos unha “misión espacial”? Estiven pensando que se nos imos a outro planeta, alí seguro que non hai virus. Iso si, teremos que facelo de maneira virtual porque da casa non podemos saír.
Todo o que haxa que facer estará recollido na web do cole pero eu publicareino tamén no noso blogue.
Debedes lembrar o seguinte:
Antes de marchar
o traballo deberás rematar.
Velaquí a proposta:
2. Seguir os pasos ata chegar á páxina do Sistema Solar.
3.Cliclar sobre a palabra TERRA para saber as actividades.
4. Marcando sobre o 2º debuxo accedemos ao caderno de Mates 2 (Se tedes algo pendente da semana, saltaravos unha mensaxe. Facédeo antes de nada para que na interfira na vosa misión!!!)
5.Marcando sobre o debuxo 3 iredes ao caderno de Lingua Galega. (Lembrade marcar usuario e contrasinal ) Tédelos aquí.
6. Aclaracións ficha LG:
-Contestade as preguntas sobre o texto elaborando a contestación, comezando por ..... maiúscula!, e rematando cun....puntiño!. O exercicio 2 é de completar, o 3 de arrastrar (ide por orden) e o último no tedes que facer.
7. unha vez rematado o traballo poderedes premer no punto que ten a Terra e teredes unha sorpresa!
8. Como parte desta misión precisaremos un traxe axeitado. Ide argallando os vosos traxes. Tedes tempo de facelos ao longo da semana.(Recoméndovos: material de refugallo e moita imaxinación). Estou desexando velos!!!!
Hoxe comézase a emitir en Clan TV "Aprendemos en casa". Non sei como vai estar. Parécevos que o vexamos e decidimos que nos parece? Toca.... Mates!!!! (De 9.00 a 10:00)
Seguimos en contacto polo correo clasedeanabel@hotmail.com
VAAAAMOSSSS!!!
Una aventura muy interesante. Muy buena la presentación.
ResponderEliminarSaludos.
Muchas gracias, Mirian.
ResponderEliminarBesitos.