Hoxe é un día importante no calendario pero aínda non está instaurado de maneira oficial.
O que se pretende é conseguir a declaración do 13 de maio como Día Nacional do Neno Hospitalizado. Por iso, as asociacións e principais entidades vinculadas á atención hospitalaria se uniron para pedilo.
Grazas á nosa amiga, Natalia Longo, do blogue Orientación Condesa, enterámonos desta preciosa iniciativa. Premede na imaxe para ver a estupenda entrada que fixo sobre o tema.
Como hoxe se fixo un lanzamento masivo de bicos ás portas de varios hospitais e outro lugares para pedir a instauración desta data, nós desde a aula, quixemos contribuir co nos granciño de area. Fixemos a foto así porque nos queremos sumar ao movemento desde as redes sociais, lanzando os nosos bicos co hashtag #dianiñohospitalizado .
Queremos mandar miles de bicos ás familias,aos médicos e enfermeiras e todo o persoal sanitario, aos animadores e mestres, e sobre todo a todos os nenos e nenas que están hospitalizados para que soñen,para que loiten, para que VIVAN.
Por unha pronta recuperación!!!
Aquí vos deixo un vídeo para celebrar o día.
Hola profe!!
ResponderEliminarGústame moitísimo a canción!! Escoiteina como... 5 veces seguidas!!
Alégrome, Ana!!! Pódela escoitar cantas veces queiras , que non se gasta.
EliminarSi profe, menos mal que non o fan!!Jajaja!!
EliminarPois xa sodes dúas, Ana, a Vero tamén lle gusta.
EliminarPois si, jajaja!
EliminarPero nada de facer competicións , a ver a quen lle gusta máis.
EliminarProfe,encantoume o vídeo dos besos.
ResponderEliminarVerónica.
Xenial,Vero!!!! A pasalo ben vendoo e escoitádoo!!!
EliminarE que é súper chulo!!!!!Asta lle gustou a miña irmá!!!!!
ResponderEliminarVerónica.
Vero, é que túa irmá ten moi bo gusto!!!
Eliminar