mércores, 13 de maio de 2015

O QUE OS BICOS CONSEGUEN.

Hoxe é un día importante no calendario pero aínda non está instaurado de maneira oficial.
O que se pretende é conseguir a declaración do  13 de maio como Día Nacional do Neno Hospitalizado. Por iso, as asociacións e principais entidades vinculadas á atención hospitalaria se uniron para pedilo.
Grazas á nosa amiga, Natalia Longo, do blogue Orientación Condesa, enterámonos desta  preciosa iniciativa. Premede na imaxe para ver  a estupenda entrada que fixo sobre o tema.
Como hoxe se fixo un lanzamento masivo de bicos ás portas de varios hospitais e outro lugares   para pedir  a instauración desta data,  nós desde a aula, quixemos contribuir co nos granciño de area. Fixemos a foto así porque nos queremos sumar ao movemento desde as redes sociais, lanzando os nosos bicos co hashtag #dianiñohospitalizado .

Queremos mandar miles de bicos ás familias,aos médicos e enfermeiras e todo o persoal sanitario, aos animadores e mestres, e sobre todo a todos os nenos e nenas que están hospitalizados para que soñen,para que loiten, para que VIVAN. 
Por unha pronta recuperación!!!

Aquí vos deixo un vídeo para celebrar o día.

10 comentarios:

  1. Hola profe!!
    Gústame moitísimo a canción!! Escoiteina como... 5 veces seguidas!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alégrome, Ana!!! Pódela escoitar cantas veces queiras , que non se gasta.

      Eliminar
    2. Si profe, menos mal que non o fan!!Jajaja!!

      Eliminar
    3. Pois xa sodes dúas, Ana, a Vero tamén lle gusta.

      Eliminar
    4. Pero nada de facer competicións , a ver a quen lle gusta máis.

      Eliminar
  2. Profe,encantoume o vídeo dos besos.
    Verónica.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xenial,Vero!!!! A pasalo ben vendoo e escoitádoo!!!

      Eliminar
  3. E que é súper chulo!!!!!Asta lle gustou a miña irmá!!!!!
    Verónica.

    ResponderEliminar