luns, 13 de outubro de 2014

NOBEL DA PAZ.

Imaxe obtida de La Vanguardia.

O venres pasado foron galardoados co Novel da Paz a pasquistaní Malala Yousafzai e o activista indio Kailash Satyrthi. Recíbeno pola súa loita contra a opresión infantil e a favor do dereito de todos os nenos á educación.
No vídeo que veredes á continuación  recóllense as declaración do premiado e un fragmento do discurso que Malala pronunciou ante as Nacións Unidas no 2013.Na gravación tamén aparecen imaxes do seu traslado cando foi tiroteada en Pakistán. Pero , por que se tirotea a unha nena de 14 anos?
No ano 2012, Malala ía coller o autobús para regresar á súa casa á saída da súa escola en Mingora, cando un talibán lle disparou na cabeza.Resultáballe molesta por estudar e defender o dereito das nenas paquistanís a recibir unha educación.
Vós que tendes tanta sorte de poder asisitir á escola, dereito a unha educación, liberdade para ser e pensar....por que non o aproveitades?

4 comentarios:

  1. Ola profe¡
    Eu vin nas noticias na televisión que Malala era a nobel máis nova da historia,osea que é a persoa máis nova que recibeu a premio Nobel.

    ResponderEliminar
  2. Efectivamente, Ana. Malala ten 17 anos.Empezou a súa labor moi noviña. Un gran exemplo para todos!!!

    ResponderEliminar
  3. Graciñas pola información, Anabel. Unha gran entrada. Biquiños.

    ResponderEliminar
  4. Grazas a ti , Ana, por pasarte e comentar. Unha aperta forte.

    ResponderEliminar