Imaxe obtida de La Vanguardia.
O venres pasado foron galardoados co Novel da Paz a pasquistaní Malala Yousafzai e o activista indio Kailash Satyrthi. Recíbeno pola súa loita contra a opresión infantil e a favor do dereito de todos os nenos á educación.
No vídeo que veredes á continuación recóllense as declaración do premiado e un fragmento do discurso que Malala pronunciou ante as Nacións Unidas no 2013.Na gravación tamén aparecen imaxes do seu traslado cando foi tiroteada en Pakistán. Pero , por que se tirotea a unha nena de 14 anos?
No ano 2012, Malala ía coller o autobús para regresar á súa casa á saída da súa escola en Mingora, cando un talibán lle disparou na cabeza.Resultáballe molesta por estudar e defender o dereito das nenas paquistanís a recibir unha educación.
Ola profe¡
ResponderEliminarEu vin nas noticias na televisión que Malala era a nobel máis nova da historia,osea que é a persoa máis nova que recibeu a premio Nobel.
Efectivamente, Ana. Malala ten 17 anos.Empezou a súa labor moi noviña. Un gran exemplo para todos!!!
ResponderEliminarGraciñas pola información, Anabel. Unha gran entrada. Biquiños.
ResponderEliminarGrazas a ti , Ana, por pasarte e comentar. Unha aperta forte.
ResponderEliminar