martes, 4 de marzo de 2014

LAMBONADAS DE ENTROIDO.


Seguimos mostrándovos a nosa celebración do Entroido. Non todo ía ser xogar, disfrazarse  ou bailar; nestas datas ofrécensenos  suculentas viandas que non puidemos rexeitar. Para a ocasión escollemos  unhas estupendas filloas.Como nos gustou moito a experiencia  do recitado cos nenos e nenas de tres anos, non o dubidamos, e decidimos compartir esta fabulosa tarde todos xuntos. Fixemos e degustamos pero...souberon a pouco!!!

O mellor de todo foi que ao día seguinte tivemos unha grata  sorpresa: a avoa Isa  lembrouse de nós e agasallounos coas súas marabillosas  "boliñas de anís"; que lle puxeron un broche de ouro ao Entroido.
GRAZAS, AVOA ISA,POR PENSAR EN NÓS!!!

8 comentarios:

  1. Menudos cociñeiros! Que boísima pinta teñen! A próxima vez tereime que pasar pola vosa clase ja ja Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Cando queiras, Ana, estás invitada.Sería un pracer recibirte na clase e darche proba. Un biquiño.

    ResponderEliminar
  3. Hol,profe as bolitas estaban boisimas.Haora que me acordo estan tan boas como a pinta dos pasteis dos nenos e nenas de sexto.Bicos Sabela

    ResponderEliminar
  4. Boas, non, efectivamente,boísimas. Así que fuches a feira, eh, pillabana? Mañá xa nos contas o ben que o pasaches.

    ResponderEliminar
  5. Ha verda e que nos puxemos morados,a verda e que tiñades a sorpresa moi ben gardado.Colga puntos por favor que senon eu aburrome.Xa me despido que teño que ir poñer o pixama,ademais estaselle acabando a bateria o mobil.Ata mañan a todos e a todas,moitos bicos para todas as familias

    ResponderEliminar
  6. Sr. Anónimo: Que digo eu sobre poñer o nome?De todas maneiras creo que sei quen es porque hoxe en clase xa preguntaches polos puntos, equivócome?Descansade para mañá que tedes o Deporte Escolar. Boas noites.

    ResponderEliminar