Seguimos mostrándovos a nosa celebración do Entroido. Non todo ía ser xogar, disfrazarse ou bailar; nestas datas ofrécensenos suculentas viandas que non puidemos rexeitar. Para a ocasión escollemos unhas estupendas filloas.Como nos gustou moito a experiencia do recitado cos nenos e nenas de tres anos, non o dubidamos, e decidimos compartir esta fabulosa tarde todos xuntos. Fixemos e degustamos pero...souberon a pouco!!!
O mellor de todo foi que ao día seguinte tivemos unha grata sorpresa: a avoa Isa lembrouse de nós e agasallounos coas súas marabillosas "boliñas de anís"; que lle puxeron un broche de ouro ao Entroido.
GRAZAS, AVOA ISA,POR PENSAR EN NÓS!!!
Menudos cociñeiros! Que boísima pinta teñen! A próxima vez tereime que pasar pola vosa clase ja ja Unha aperta.
ResponderEliminarCando queiras, Ana, estás invitada.Sería un pracer recibirte na clase e darche proba. Un biquiño.
ResponderEliminarHol,profe as bolitas estaban boisimas.Haora que me acordo estan tan boas como a pinta dos pasteis dos nenos e nenas de sexto.Bicos Sabela
ResponderEliminarBoas, non, efectivamente,boísimas. Así que fuches a feira, eh, pillabana? Mañá xa nos contas o ben que o pasaches.
ResponderEliminarHa verda e que nos puxemos morados,a verda e que tiñades a sorpresa moi ben gardado.Colga puntos por favor que senon eu aburrome.Xa me despido que teño que ir poñer o pixama,ademais estaselle acabando a bateria o mobil.Ata mañan a todos e a todas,moitos bicos para todas as familias
ResponderEliminarSr. Anónimo: Que digo eu sobre poñer o nome?De todas maneiras creo que sei quen es porque hoxe en clase xa preguntaches polos puntos, equivócome?Descansade para mañá que tedes o Deporte Escolar. Boas noites.
ResponderEliminarSon eu
ResponderEliminarSanti
Xa o supoñía,xa.
ResponderEliminar