Para celebrar este día tan especial a nosa biblioteca tivo unha brillante idea : realizar cartas de amor sobre pezas de roupa e así construir un Tendal Namoradeiro.
Parece raro pero ten a súa explicación: como xa sabedes dentro do noso Proxecto Documental Integrado estamos traballando os oficios tradicionais galegos e as costureiras que ían de casa en casa contribuían co seu arte, non solo a remendar roupa senon tamén corazóns feridos.Polo tanto uniuse un oficio cunha data importante para o amor e.... saiu este marabilloso tendal!!!!
Premede na imaxe para visitalo no blogue da nosa biblioteca.
Xa me gustaría co meu tendal da casa tivera roupa coma esta chea de palabras bonitas.
ResponderEliminarMarta
Tes toda a razón, Marta. A min tamén me gustaría pero teremos que conformarnos co do cole.
ResponderEliminar