domingo, 17 de febreiro de 2013

DÍA DOS NAMORADOS.

Para celebrar este día tan especial a nosa biblioteca tivo unha brillante idea : realizar cartas de amor sobre pezas de roupa   e así construir un Tendal Namoradeiro.
Parece raro pero ten a súa explicación: como xa sabedes dentro do noso Proxecto Documental Integrado estamos traballando os oficios tradicionais galegos e as costureiras que ían de casa en casa contribuían co seu arte, non solo a remendar roupa senon tamén corazóns feridos.Polo tanto uniuse un oficio cunha data importante para o amor e.... saiu este marabilloso tendal!!!!
Premede na imaxe para visitalo no blogue da nosa biblioteca.

2 comentarios:

  1. Xa me gustaría co meu tendal da casa tivera roupa coma esta chea de palabras bonitas.
    Marta

    ResponderEliminar
  2. Tes toda a razón, Marta. A min tamén me gustaría pero teremos que conformarnos co do cole.

    ResponderEliminar