domingo, 1 de febreiro de 2026

EFEMÉRIDES DE FEBREIRO.

Montaxe creada con Canva.com
Comezamos hoxe o mes máis curto do ano e, nesta ocasión, un dos máis festeiros: febreiro. Con el  veñen unha chea de efemérides que merece a pena mencionar.
A planta escollida para acompañar a este mes é...O BIDUEIRO. É unha árbore moi coñecida en Galicia. Podemos atopala en montes e bosques. É doada de recoñecer polo seu tronco claro.

Como é?

O bidueiro é unha árbore alta e delgada.
Ten o tronco branco ou moi claro, con manchas escuras.
As súas follas son pequenas, verdes e con forma de triángulo.
No outono, as follas póñense amarelas e caen.

Os seus froitos.

Os froitos do bidueiro son moi pequenos.
Teñen sementes lixeiras que o vento leva dun lugar a outro para que nazan novas árbores.

Para que serve?

O bidueiro serve para facer madeira, papel e mobles.
Tamén se usa en medicina natural.
Nos bosques axuda a coidar a terra e dá sombra a outros seres vivos.

Curiosidades.

  • O bidueiro medra rápido.

  • O seu tronco parece pintado de branco.

  • É unha árbore moi resistente ao frío.

Para saber máis cousas sobre el , consultade aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario