luns, 5 de xaneiro de 2026

DETALLIÑOS DE NADAL.

Imaxe de Isabel Perelló en Pixabay.com

Ao longo deste trimestre, o alumnado de 1º de Primaria traballou con moita ilusión e esforzo en diferentes actividades que lles permitiron aprender, crear e expresarse.
Un dos momentos máis especiais foi a elaboración das postais, que os nenos e nenas fixeron con moito agarimo para enviar ás súas casas
Ademais das postais, o alumnado levou para a casa unha selección dos traballos realizados durante o trimestre. Neles pódese ver todo o aprendido: actividades de lingua, matemáticas, coñecemento do medio e expresión artística. Estes traballos reflicten o seu progreso, o seu esforzo diario e as ganas de aprender.
Montaxes realizadas con Canva.com
Seguimos aprendendo xuntos/as e avanzando paso a paso!
FELIZ NOITE DE REIS!!!👑👑👑

2 comentarios:

  1. Unos trabajitos muy chulos, pero las postales... lo más. FELICÍSIMO AÑO 2026, Anabel. Bicos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias por mirarlos con tan buenos ojos, Blanca.
      Que tengas un maravilloso 2026. Muxuac.

      Eliminar