Imaxe do proxecto creada en Canva.com pola profe Vane
Xa sei que estamos en plena conta atrás para o Nadal pero temos cousiñas pendentes de mostrar e non debemos de demoralas máis.
Alá polo mes de outubro recibimos unha carta de Biblo, a mascota da nosa biblioteca, para propornos unha investigación sobre a flora galega. Cada un dos cursos tiña que profundizar sobre un tema diferente pero todos relacionados con eses trsouros verdes que agocha a nosa terra.
Nesa mesma carta, Biblo, pedíanos que fixeramos unha cuña de radio para presentar o noso obxecto de estudo. Velaí o que fixemos. Por certo, como nos gusta a radio. Temos que volver!!!!!
Montaxe realizada pola profe Vane



Ningún comentario:
Publicar un comentario