luns, 21 de abril de 2025

III EDICIÓN DE AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN.

Imaxe creada con IA
Este mes estamos celebrando a 3ª edición de “As familias tamén contan”, unha labor moi especial na que os vosos familiares veñen ao cole a compartir con nós un momento máxico: a hora de ler.
Durante este mes, pais, nais, avoas, avós, irmáns maiores e outros membros das familias poden coller un conto e… contárnolo á clase con moito agarimo, ilusión e un chisquiño de maxia. 
Esta é unha actividade que nos encanta porque sempre nos traen aventuras divertidas, en ocasións descubrimos libros novos e gústanos estar ao lado de que quen ven a contar.
Ademais, compartimos un momento de lectura todos xuntos, como unha gran familia lectora.
Esta idea fai que todos e todas descubramos que ler é algo que se pode gozar en familia, tanto na casa como no cole.
Aquí tedes as fotos de varios días marabillosos.
Montaxes realizadas en Canva.com (Idea da profe Vane)
GRAZAS A TODAS POR PARTICIPAR CON TANTO ENTUSIASMO!!
Porque... ler en compañía é aínda máis fermoso!

2 comentarios:

  1. Ola son Rosalía grazas por colgar fotos das actividades que facemos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas a ti, Rosalía, por pasarte e comentar.
      Un saudiño.

      Eliminar