Imaxe de wiwid wijayanto en Pizabay.com
Hoxe é un día moi especial… é o Día do Libro e do Dereito de Autor! Sabes por que é tan importante? Porque os libros son como portas máxicas que nos levan a mundos cheos de aventuras, soños e aprendizaxes.
O Día do Libro celébrase o 23 de abril en moitos países do mundo. É unha festa para recordar o importante que é ler e para animar a todas as persoas, grandes e pequenas, a mergullarse nun bo conto.
Gústamnos porque teñen historias de de todo tipo,porque nos fan rir, soñar e mesmo aprender cousas novas e porque podemos lelos sós, en familia ou cos amigos.
Cada vez que abres un libro, estás comezando unha nova aventura. Así que, neste Día do Libro, colle un conto, busca un sitio cómodo e deixa que a túa imaxinación voe moi alto!
Consulta as entradas de anos anteriores aquí.
FELIZ DÍA DO LIBRO!
E lembra: ler é divertido, máxico e para todos os días!
Ningún comentario:
Publicar un comentario