luns, 30 de setembro de 2024

FAI UN PUNTO.

Cartel do Día Internacional do Punto
Como moitos de vós sabedes o 15 de setembro celébrase o Día Internacional do Punto. Este evento mundial anímanos a deixar voar a nosa creatividade para ver a onde podemos chegar. A orixe desta conmemoración está no libro de Peter H. Reynolds, "The Dot", o cal foi levado a aula por Terry Shay, alá por 2009. E mirade a onde chegou! A converterse un acontecemento planetario con miles de seguidores.
Nós, coma todos os anos, quixemos deixar a nosa marca tamén. Primeiro vimos e escoitamos o conto de Peter.

Obtido no canal de Youtube de Marta.
Despois decidimos facer unha creación sobre un punto negro de cartolina con círculos de cores en papel e diferentes tamaños. (Foi unha idea que adaptei de varias que vin na rede).
Mirede como traballamos.
Montaxe realizada con Canva .com
En breve, mostraremos o resultado final!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario