luns, 12 de febreiro de 2024

OS MANDADOS DO MECO (2024).

Imaxe de JCamargo en Pixabay.com
É inevitable. Chega este tempo e D. Manolo ponse en "modo Entroido" e comeza a facer mandados, que se non os cumpres vas ao pote. Ou o que se lle ocorra!
O luns tocounos traer a cara pintada con bigotes ou fuciños de animais.
O martes sumámoslle algo na cabeza.
E o mércores engadímoslle un rabiño.
Montaxes realizadas con Canva

4 comentarios: