Imaxe atopada no Facebook de Andana Editorial
Xa sabedes que temos entradas mensuais coas datas destacadas de cada mes pero hai algunhas que son especiais, e merecen ter unha entrada propia.
Isto pasa co Día das Bibliotecas , que celebramos hoxe, 24 de outubro. Nunha data tan significativa, como non pode ser doutro xeito, abriu as portas a nosa biblioteca escolar para préstamo de familias e adultos. Aquí tedes toda a información.
Este ano, baixo o lema "Tecendo comunidades", preténdese resaltar a importancia destas institucións como nexos creadores de comunidades cidadás. Baixo o esqueleto do edificio, latexa un corazón que nos chama a unirnos e comunicarnos.Aquí radica o seu encanto.
O deseño do cartel conmemorativo é de Nuria Riaza, unha estupenda artista plástica que, entre outras habiliades, debuxa con bolígrafo e gran realismo.(Se cliclades no nome iredes á súa páxina).
Cartel de 2023 de Nuria Riaza
Déixovos información sobre o día recollida na páxina de Loqueleo Santillana.
A tamén a opción a revisar entradas de anos anteriores. Aquí.
FELIZ DÍA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario