martes, 21 de febreiro de 2023

DÍA DA LINGUA MATERNA (2023).

Imaxe da Editorial GALAXIA
Hoxe é un día importante. Imos celebrar a Lingua Materna!!! Porque debemos aproveitar as ocasións que temos para festexar todo o que sexa cultura, raíces,idioma....En dúas palabras, o propio. Ás veces teño a sensación de que non somos plenamente conscientes da sorte que temos, con moitas cousas, pero coa nosa lingua tamén. Perténcenos o Castelán por vivir nun país con idioma, que nos irmanda co resto de autonomías que habitan a Península Ibérica e cos países que comparten dialecto. E pertencemos á Lingua Galega, que é a que nos viu nacer, na que fomos benvidos ás nosas casas e familias, coa que empezamos a comunicarnos. Pode que as circunstancias, o social, o grupo... nos fixese apartar do camiño pero nunca é tarde. Recuperemos a riqueza do noso!!!
Acabo de descubrir este recurso "Ti es a chave da primavera" no Portal da Lingua. É un conto con actividades interactivas moi interesantes e que nos pode valer para gozar deste día.
FELIZ DÍA!!!

2 comentarios: