martes, 28 de decembro de 2021

PROXECTOS E CELEBRACIÓNS(III).

Imaxe de edith lüthi en Pixabay.com
No día de hoxe centrarémonos en dúas celebracións de principios de mes.
O 3 de decembro falamos na aula sobre capacidades especiais. Fixémolo a través dun conto que trataba a xordeira. Titúlase "O día do silencio". É unha adaptación e tradución da historia do mesmo título do autor Pedro Pablo Sacristán. Unha vez lida a historia e falado sobre o tema, o alumnado fixo a súa interpretación.
Velaí os resultados!!!

 A outra data foi a conmemoración dos Dereitos dos Nenos/as. Para iso, falamos deles e despois fixemos unha roda de dereitos. Esta vez baseámonos no modelo de lapbook que aprecía na páxina de Orientación Andújar e que traducimos ao galego.   
Este foi o noso traballo.    
Montaxe realizada con PiZap.

Ningún comentario:

Publicar un comentario