sábado, 6 de xuño de 2020

DÍA DOS PACIENTES TRANSPLANTADAS 2020

Imaxe obtida na rede
O 6 de xuño celebramos o Día Mundial dos Pacientes Trasplantados. Unha data moi axeitada para celebrar porque significa que todas esas persoas que precisaron un órgano novo o recibiron dun doador xeneroso.
Pensade sempre que hai determinadas situacións na vida que nos poden tocar a calquera e que coas nosas accións sempre podemos axudar.  Como di unha campaña publicitaria relacionada coa doazón de órganos: Somos perfectos para outros!!!
Tedes algo máis de información na páxina de diainternacionalde.com.
Tamén na entrada do ano pasado, clicade aquí.

Obtido no canal de Youtube de HJHerrera
FELIZ DÍA!!

4 comentarios: