luns, 2 de marzo de 2020

ENTROIDO 2020(II).

Hoxe toca contar a gran festa que vivimos o venres 21. Comezamos á mañá facendo fotos dos nosos estupendos disfraces, que eran de motivo libre.  Aquí vos deixo imaxes.

Durante o recreo degustamos rosca con chocolate, coma case todos os anos, e prestounos ben porque despois viña unha actuación movidiña: a do mago Teto. Fixo moitos trucos impresionates e ata tivo unha axudante de excepción: Sara, a noiva cadáver. Para rematar con bo pe, bailamos ao ritmo de Priscila dance; todo un clásico!
Montaxes realizadas con PiZap
ATA O PRÓXIMO ENTROIDO!!!

4 comentarios:

  1. Está hermoso el nuevo diseño del blog, linda la hada con el vestido y cabello celeste. Me alegro que la hayan pasado genial en la fiesta.
    Saludos.

    ResponderEliminar