xoves, 2 de xaneiro de 2020

MANUALIDADES 2019.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Antes de falar das manualidades que realizamos no Nadal, imos a contar as que fixemos no outono.
Comezamos facendo unha composición de follas de outono. Debían pintalas coas cores outonais, recortalas e facer unha creación sobre cartolina negra. Estes foron os resultados.
Polo Samaín, fixemos un simpático morcego. Pintamos o noso rolo de papel hixiénico de negro, fixemos unhas ás de cartolina negra cunha plantilla, debuxamos e recortamos a boca, os colmillos e uns ollos. Despois,  pegamos todo.
Así foi como nos quedaron os bichiños.
Montaxes realizadas con PiZap

Ningún comentario:

Publicar un comentario