Fai unhas semanas, visitounos no cole, un experto en traxe galego. A actividade está enmarcada no proxecto que todo o cole estamos a realizar, sobre Avelino Cachafeiro e a composición da Muiñeira de Chantada. Pero non queda aí a cousa. Todo isto forma parte dun proxecto de formación intercentros que engloba tamén aos coles de Soutelo e Cerdedo. (Noutra entrada explícovos máis).
A partires dun núcleo temático, cada aula elabora a súa propia investigación. Xa vos contamos a visita de Josele para falarnos dos instrumentos tradicionais e, nesta ocasión, toculle vir a Jose Codesido.
Explicounos, de maneira moi amena e cercana, como se vestían os mozos e as mozas de antes. O traxe de todos os días, chamado de cotío,era máis sinxelo e sen recargamentos e o que usaban para ir ás festas, de gala, presentaba outros elementos característicos.
Creo que o que máis nos gustou a todos/as foi que os traxes que traía serviron para ataviar a tres rapaces que lucían así de guapetes.

Noé de cotío.
Noé de gala.
Alicia de cotío.
Estas montaxes realizounas co PiZap a teacher María e, como fixo un montón de fotos chulísimas, gustaríame que as puidésdes gozar. Nunha próxima entrada ensínovos máis cousiñas (Xiana de gala, o pano de namorar , a profe Anabel con cofia......).
¡Qué bonita actividad! Feliz fin de semana :)
ResponderEliminarMuhas gracias, Yolanda.
EliminarFeliz finde para ti también.